Aquí déixovos a nosa selección contos con rimas, para fomento da conciencia fonológica. Se vos interesa este tema recomendámosvos o curso online Conciencia Fonológica. (habilidade pre-lectora clave).
Contos para o fomento da conciencia narrativa, contos encadenados ou acumulativos
E é que isto da familia é bestial, e ademáis… quéreslles ao bestia.
2.Ahora que va a pasar? Mar Díaz Reguera
Unha vaca cantarina e soñadora. Un porco coqueto e refinado. Unha ovella, unha egua, unha galiña e os seus pitos e unha burra son os animais desta historia. .......
Un conto de estrutura acumulativa para primeiros lectores onde a musicalidade e o ritmo nas súas estrofas xogan co lector a través do uso de onomatopeias e a repetición.
3. Imos cazar un oso. Michael Rosen
Conta a historia dunha familia que se propón unha mañá saír de aventura e cazar un oso. Van cun espírito decidido, confiado, e valente.
4. Abezoo. Carlos Reviejo
Con Abezoo o neno descubrirá o mundo das letras e familiarizarase coa poesía con animadas rimas e con historias cheas de orixinalidade.
Desde a /a/ á /z/ vanse debullando versos, que describen aos animais ou nos contan divertidas historias dos mesmos, espertando a paixón por coñecelos e saber sobre eles.
5. Ernestina la gallina. Yolanda Reyes
Ernestina a galiña puxo un ovo na cociña. Do ovo saíu un pito e dun buraco saíu un rato.
9. El pequeño conejo blanco. Xosé Anton Ballesteros
Este conto rimado constrúese a partir da repetición da pregunta que o coello vai facendo aos animais e da resposta que lle dan. Como en moitos contos populares o máis pequeno é o máis enxeñoso e o máis valente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario