ESTRUCTURAS FONOLÓXICAS
Descripcion:
Material para traballar a conciencia fonolóxica por medio de estructuras vocálicas.
O material ten dúas partes. Da páxina 2 á 10, as láminas están pensadas para facer un traballo fundamentalmente auditivo. Haberá que rodear, tachar, nomear ou poñer un gómet naqueles debuxos que respondan á estructura vocálica proposta, que nos dirémoslle oralmente. Da páxina 13 á 16 é un bingo. Podemos recortar todos os debuxos e as estructuras silábicas en tarxetas para dotar ao xogo dun carácter manipulativo. Podemos clasificar os debujos na estructura silábica que corresponda, ou podemos poñer os debuxos enriba da mesa e ir poñendo as etiquetas nos debuxos que correspondan, como vemos nas figuras 1 e 2 a modo de exemplo.
OUTRAS POSIBILIDADES DE USO
Debujar cousas coa estructura silábica proposta, ou nomear cousas coa estructura silábica proposta (é máis difícil, e por iso, é preciso traballalo previamente). O bingo das dúas últimas diapositivas pódense utilizar de tres maneiras:
1. Poñendo como tableiros os debuxos. Dirémoslles a estructura vocálica e, deberán atopar no taboleiro o debuxo correspondente. Nos dous taboleiros hai debuxos que comparten a mesma estructura, por tanto, se xoga máis dun neno, tapará o debuxo correspondente o que fóra máis rápido.
2. Poñendo como taboleiro os debuxos, ensinarémoslles, unha por unha, tarxetas das distintas estructuras vocálicas. Eles deberán buscar no taboleiro o debuxo correspondente á estructura vocálica. Igual que no caso anterior, como hai debuxos que comparten a mesma estructura, por tanto, se xogan máis dun neno, tapará o debuxo correspondente o que fora máis rápido.
3. Poñendo como taboleiro as estructuras vocálicas, ensinarémoslles, un por un, os debuxos. Deberán buscar no taboleiro a estructura vocálica correspondente ao debuxo proposto. Ao igual que nas dúas posibilidades anteriores, hai debuxos que comparten a mesma estructura, por tanto, se xogan máis dun neno, tapará a estructura correspondente o que fora máis rápido
Conciencia Fonolóxica con estructuras vocálicas. ARASAAC
AUTORA: Mª José de Luís Flores
Autor pictogramas: Sergio Palao. Procedencia: ARASAAC
Ningún comentario:
Publicar un comentario