TIPOS DE ADAPTACIÓNS PARA A ESCRITA DE ALUMNADO CON DM


Tipo de adaptacións que podemos realizar na clase para actividades de escritura manuscrita, para minimizar as dificultades do alumnado con DM



  • As preguntas  abertas pódense adaptar  para que sexan de elección múltiple. 
  • Facendo sinalizacións (marca, raia) que indique a resposta axeitada entre varias alternativas dadas.
  • Unións con frechas: colocado distintas opcións na tarefa do alumnado que deberá ir seleccionando e relacionando as respostas correctas.
  • Non debemos esixir copiar os enunciados ao noso alumnado con DM, nin nos exercicios nin nos exames; pasando, directamente, á resolución do problema ou a escribir a resposta.
  • Debemos combinar cuestións orais con escritas (coas adaptacións expostas).
  • Debemos reducir o número de exercicios, tendo en conta o seu ritmo e velocidade. 
  • Facer uso do procesador de textos, coa finalidade de:

    • Facilitarlle a toma de apuntamentos na clase.  Se o profesorado non segue o libro de texto podémoslle     facilitar os propios apuntamentos do profesorado para seguir na clase a explicación  subliñándoos e/ou marcando    os  aspectos relevantes. Tamén se lle pode facilitar os apuntamentos fotocopiados dalgún compañeiro/a, para iso o centro facilitará o uso da fotocopiadora para que tanto o alumno/a como o compañeiro/a que lle facilite os apuntamentos dispoñan deles na mesma xornada escolar.
    • Minimizar as dificultades para utilizar materiais como regras, compás... pódese utilizar o ordenador con programas adecuados para realizar as actividades que requiren este tipo de actuacións.
    •  
FONTE: educa2madrid.org

Ningún comentario:

Publicar un comentario