Os scooters na cidade de Vigo, xa poden subir a calquera autobús (Vitrasa) aínda que previamente terán que adiestrarse. Para conseguirlo, a concesionaria do transporte urbano dará un cursiño persoalizado a cada discapacitado. A partir de hoxe luns (20/02/2017), serán chamados pola empresa e unha vez finalizada a formación poderán utilizar os vehículos públicos con toda normalidade.
Esta solución comunicoulla o alcalde da cidade, Caballero, na mañá de onte a varias organizacións que representan aos discapacitados, principalmente a Coordinadora Galega de Minusválidos (Cogami) e Apamp, coa finalidade de que coñezan o sistema que vai a aplicar Vitrasa dacordo co departamento de Tráfico.
FONTE: La Voz de Galicia
Ningún comentario:
Publicar un comentario