O dispositivo ENLAZA
O proxecto ENLAZA nace entre a interacción de dous tipos de profesionais; os clínicos e os enxeñeiros, co obxectivo de crear unha ferramenta para a rehabilitación da columna cervical.
O dispositivo ENLAZA (Werium AS®) é un sensor inercial, colocado na fronte do paciente mediante unha cinta, e conéctase ao ordenador por Bluetooth. Este ofrece a posibilidade de poder mover o cursor na dirección desexada coa súa cabeza e á súa vez rexistrar as alteracións motrices co obxectivo de diminuír os movementos involuntarios, unha das partes máis discapacitantes para estes pacientes.
Circus Therapy Game é unha nova e dinámica ferramenta de rehabilitación, permitindo aos nenos e nenas con parálise cerebral, realizar exercizos de forma divertida e atractiva.
Circus Therapy Game pódese pedir na súa web a un precio de 295 euros.
FONTE: Efisiopediatric
Ningún comentario:
Publicar un comentario