Pascual (1978) tamén expón unha serie de motivos que poden ser os causantes deste defecto, como por exemplo: a escasa habilidade motora, a persistencia de esquemas articulatorios infantís, as dificultades na percepción do espazo e o tempo, a falta de comprensión ou discriminación auditiva, a deficiencia intelectual e os factores psicolóxicos, ambientais ou herditarios.
Os exercicios propostos na guía están adaptados para ser traballados tanto no ámbito escolar como no ámbito familiar. Son materiais moi intuitivos e visuais que tentan aumentar o interese e a motivación no alumnado.
Unindo a esta guía de apoio, ás grandes vantaxes ofrecidas polas TICS, Zaloa Fernández, elaborou un blog, chamado "Erre que erre", co obxectivo de formar unha comunidade de aprendizaxe na que participar, compartir e distribuír o coñecemento e os recursos educativos necesarios para enfrontarse a este trastorno articulatorio. Evidentemente, tendo en conta o rango de idade ao que nos diriximos, todos os exercicios basearanse no xogo, considerando este como a ferramenta de aprendizaxe máis eficaz nesta etapa educativa.
ROTACISMO. GUÍA DE APOIO Zaloa Fernández
Aprende a pronunciar o /r/ forte (4 páx)
Conto de "Trasto" o Canguro (10 páx)
FONTE: orientacionandujar
Ningún comentario:
Publicar un comentario