É unha técnica de intervención terapéutica que consiste en restrinxir o uso do brazo san co obxectivo de inducir e incrementar o uso do brazo afectado. Se aplica para mejorar la funcionalidad y utilidad del miembro superior de persoas con afectación unilateral como poden ser a Parálisis Braquial Obstétrica, hemiparesia infantil, Accidente Cerebrovascular,…. Imos centrarnos na súa utilización en nenos con Hemiparesia Infantil. Pódese aplicar desde bebés a adolescentes.
En que consiste? Como se emprega? Cando se indica? A que idade débese escomezar? Cais son os seus beneficios? Os resultados mantéñense no tempo?
Consiste en restrinxir as posibilidades de movemento da man sana mentras se realiza un programa de actividades coa outra man, para o que se utiliza unha luva, unha manopla, venda, papel film ou outros materiais. A restricción de movementos da man non suele ser total, sinon que suele deixarse libre o movemento da moneca para que o neno/a poda usar a man san como apoio ou asistente durante as actividades.
A limitación do brazo san vai fomentar o uso obrigado do brazo afectado, sen a referencia da outra extremidade, o que lle vai permitir ao neno que poda interactuar co medio que lle rodea, experimentar co seu brazo en des-uso ata o momento, mediante a repetición de tarefas unimanuales, trabucarse e acadar estratexias de movemento que lle sexan funcionais para adquirir o obxectivo. Atopará o seu movemento axustado, económico, FUNCIONAL, que non é o mesmo que movemento normal. Así pois o obxectivo da terapia restrictiva non é gañar calidade de movemento ou normalización do mesmo, senón permitir que o neno/a coñeza o seu brazo afectado, que se dea conta de que pode introducilo dentro das actividades diarias e polo tanto, se poda incrementar o seu uso espontáneo e a súa maior integración, o que de maneira indirecta favorecerá a calidade do movemento.
Indícase naqueles casos nos que os nenos/as teñen un des-uso total ou parcial da súa extremidade afectada, sen introducila nas actividades bimanuais, co obxectivo de incrementar o seu recoñecemento e posterior uso no día a día. Pódese comezar en idades temperás, incluso antes dos 6 meses, neste caso, e dependendo da idade, se modificará a doses de tratamento no protocolo elexido.
FONTE: InPaula, Instituto de Neurorrehabilitación Infantil. Beatriz Haro Alarcón y Convives con Espasticidad. Claudia Tecglen
Ningún comentario:
Publicar un comentario