O catedrático na discapacidade intelectual da Universidade de Salamanca, e director do INICO, Miguel Ángel Vergudo, fálanos sobre a 11 edición da Definición de Discapacidade Intelectual da AAIDD, á que el mesmo contribuiu.
COMO AFECTA A DISCAPACIDADE INTELECTUAL?
Na Linguaxe oral: presentan limitacións para o uso da linguaxe expresiva e comprensiva, con uso de formas simples de comunicación non verbal (dificultades para comprender ordes sinxelas).
Na autonomía persoal: Limitacións para acadar pautas de coidado persoal, aseo, vestido e alimentación. Polo xeral, precisan axuda para o correcto desempeño destas actividades. Incluso, pode que non alcancen unha autonomía persoal mínima ao longo de toda a vida.
Nas actividades escolares: precisan ACS dos programas escolares, necesitando axuda e supervisión constantes. Estas axudas tan específicas, a veces, non se lles poden ofrecer na aula ordinaria, polo que teñen que ser escolarizados en centros especializados de EE ou en aulas específicas de EE habilitadas para este efecto.
Na adaptación á vida social e laboral: Pódense adaptar a tarefas laborales rutinarias, de escasa dificultade e con axuda e supervisión continuadas. Na vida adulta, acadan unha reducida ou nula autonomía social, alcanzando dificilmente unha vida independiente.
CENTROS ORDINARIOS OU CENTROS ESPECÍFICOS?
A valoración das Necesidades Educativas Especiais do alumnado con discapacidade intelectual, realízase polo xefe/a do Departamento de Orientación, en función da que se poñerán as medidas educativas e de escolarización máis axeitadas.Na escolarización do alumnado, é preciso tender á máxima inclusión escolar e social. Non obstante, para o alumnado máis afectado, os centros específicos de educación especial, ou as unidadades específicas de educación especial, habilitadas nos centros ordinarios, constituirán a opción máis axeitada, dado que as Necesidades Educativas Especiais non poderían cubrirse nos centros ordinarios.
Nos Centros Específicos de Educación Especial, imlpártese o ensino básico obrigatorio e unha formación que facilita a transición á vida adulta, así como programas específicos de cualificación profesional inicial.
FONTE: Red de Recursos Educativos en Abierto
AUTODETERMINACIÓN
A autodeterminación entendida como "a actuación da persoa, como principal axente da súa propia vida, tomando decisións relativas á calidade de vida, libre de influencias ou interferencias externas indebidas" (Wehemeyer y Shalock, 2001), é un factor decisivo na vida das persoas con discapacidade intelectual.
FEAPS desenvolveu moitos recursos para concienciar sobre a importancia da autodeterminación e para formar aos profesionais na comprensión e coñecemento da mesma. Estre estes recursos, destacan o seguinte CD interactivo:
MELLORAMOS A NOSA AUTODETERMINACIÓN. CD da Guía
e unha
Guía para el personal de apoyo. Autodeterminación, ferramenta práctica e interactiva para o fomento da autodeterminación nas persoas con discapacidade intelectual.
Estes materiais conxugan os principios teóricos da autodeterminación e da aprendizaxe activa con experiencias das persoas con discapacidade intelectual nas contornas naturais e de servizos. Todo este material está apoiado polo uso de novas tecnoloxías (TIC)
FONTE: FEAPS
Ningún comentario:
Publicar un comentario