Ao non considerar o manual diagnóstico psiquiátrico da Asociación Americana de Psiquiatría a capacidade intelectural límite como un trastorno, distintos investigadores proporcionaron diferentes nomenclaturas a nenos con esta problemática (lentos, de aprendizaxe máis lento...)
SEN RASGOS FÍSICOS DIFERENTES
Según a Guía técnica sobre la inteligencia límite de la asociación EN LÍNEA, estas poderían ser algunhas das características que definen ás persoas con intelixencia límite:
- Ausencia de rasgos físicos aparentes.
- Desfase entre a súa idade cronolóxica e a súa idade mental.
- Falta de iniciativa e dificultade para xerar mecanismos racionais que lles permitan solucionar situacións cotidiás.
- Dificultades para entablar e manter relacións interpersonais.
- Proceso de aprendizaxe lento que require máis apoio e tempo que os de seus grupos de referencia.
QUE FACER E COMO ACTUAR?
Estas persoas precisan de apoios intermitentes, probablemente ao longo de toda a súa vida e de diferente intensidade según os contextos e actividades que desempeñen : asearse alimentarse, ir ao médico, ter amigos, sair ao cine, atopar un emprego, colaborar na casa, controlar os cartos, ir no transporte público...
Con formación, entrenamento e apoios poden conseguir ser cidadáns activos e levar unha vida normalizada. Do contrario, a súa situación convírteos en dependientes, persoas sen apenas autonomía nin motivación, sen amigos, sen actividade, con grave risco de padecer unha enfermidade mental, que supón unha carga para a familia.
ESTRATEXIAS EDUCATIVAS
Sexa cal sexa o tipo de centro no que o neno estea escolarizado, o traballo educativo con el debe seguir unhas liñas básicas. Pais e educadores terán que traballar conxuntamente e de maneira coordinada en elas. Estas serían algunhas das estratexias que deben aplicarse na educación das persoas con intelixencia límite:
- Incidir na aprendizaxe de estratexias dirixidas ás dificultades de organización e planificación do estudo.
- Estructurar máis as rutinas do ambiente externo (en especial o escolar e o lúdico) a través do uso independente de axendas personais que axuden a organizar as tarefas de traballo.
- Usar a miúdo instruccións escritas recordatorias.
- Tratar as dificultades na avaliación e comprensión abstracta.
- Elaborar xuizos personais críticos da información que se recibe.
- Secuenciar pasos para a toma de decisións.
- Centrarse nos aspectos relevantes de calquera situación dada.
- Definir conceptos abstractos en términos o máis concretos posibles.
- Ensinar estratexias de aprendizaxe e habilidades para solución de problemas.
- Practicar habilidades previamente aprendidas en situacións novidosas.
- Aprender a secuencia de pasos para resolver problemas específicos.
ENTRENAMOS
Actualmente hai unha gran variedade de programas de entrenamento en habilidades sociais e de comunicación, pero ningún deles adaptado ás necesidades especiais desta poboación.
O terapeuta responsable do programa de intervención deberá asegurarse de que os contidos, obxectivos e técnicas de instrucción sexan os axeitados ás caracterísiticas únicas do neno. Se é necesario terá que diseñar o seu propio programa individualizado.
WEBGRAFÍA
Guías técnicas sobre la capacidad intelectual límite de la asociación ENLÍNEAADISLI. Centro de Recursos y Actuaciones Especializadas en Personas con Discapacidad Intelectual Ligera e Inteligencia Límite en el marco del Programa de desarrollo personalEstudio sobre las personas con Capacidad Intelectual Límite de la Asociación Justicia de AragónCanal de Adisli en Youtube http://www.youtube.com/user/asociacionadisli?feature=results_mainGalería de vídeos de FEAPS.
FONTE: Red de Recursos Educativos en Abierto
Ningún comentario:
Publicar un comentario