Aínda que o retinoblastoma pódese presentar a calquera idade, aparece con maior frecuencia nos nenos menos de 5 anos. O cancro pode estar nun só ollo (unilateral) ou en ambos ollos (bilateral) O retinoblastoma, normalmente, non se suele diseminar aos tecidos cercanos ou a outras partes do corpo.
SIGNOS E SÍNTOMAS
O Retinoblastoma ou outras afeccións poden causar estes e outros signos e síntomas:- A pupila, ten aspecto branco en lugar de encarnado co brillo da luz. Isto, pódese observar nas fotografías.
- Dor ou enroxecemento no ollo.
- O globo ocular é máis grande que o normal
- A parte do ollo con cor e a pupila teñen aspecto nublado.
- Os ollos parecen estar mirando en diferentes direccións (ollo vago)
- FACTORES QUE AFECTAN AO PRONÓSTICO E AS OPCIÓNS DE TRATAMENTO
- Tanto o pronóstico como o tratamento dependen de:
-
- Se o cáncro está nun só ollo ou en ambos.
- O tamaño e a cantidade de tumores.
- Se o tumor diseminouse a un área ao redor do ollo, o cerebro ou a outras partes do corpo.
- Se hai síntomas no momento do diagnóstico, para o retinoblastoma trilateral (cando se presentan ao mesmo tempo un retinoblastoma e un tumor cerebral)
- A idade do paciente.
- Probabilidade de sarvar a vista nun ollo ou en ambos.
- Se se formou un segundo tipo de cancro.
CONCLUSIÓNS:- - O retinoblastoma é unha enfermidade pola que se forman células malignas (cancerosas) nos tecidos da retina.
- - Preséntase en forma herdable e non herdable.
- - O tratamento de ambas formas debe incluír orientación xenética.
- - Un neno/a con retinoblastoma herdable ten maior risco de retinoblastoma trilateral e doutros cancros.
- - Entre os signos e síntomas de retinoblastoma inclúense a "pupila branca" e dor e/ou enroxecemento do ollo.
- - Para detectar (atopar) e diagnosticar o retinoblastoma, utilízanse probas que examinan a retina.
- - Certos factores afectan ao pronóstico (probabilidade de recuperación) e as opcións de tratamento.
- FONTE: Instituto Nacional del Cáncer
Ningún comentario:
Publicar un comentario