SFTWARE GRATUÍTO de Antonio Sacco.


N fotos y una palabra
"N fotos y una palabra" é un xogo para crear pantallas nas que aparecen varias imaxes (entre 1 e 8) e un conxunto de letras para que o alumno escriba unha palabra relacionada con elas.
SinClic
"SinClic" permite ao usuario deshabilitar os clics do rato, así como o movemento do punteiro e a roda do rato que empregamos para subir e baixar páxinas.
Descubrir
"Descubrir" permite traballar a atención, estimulación, observación de reacción, seguimento visual, etc., especialmente nos nenos que presenten discapacidades múltiples e profundas.
Toca la pantalla
"Toca la pantalla" ten como obxecto facilitar o traballo nas actividades de estimulación, causa-efecto, incentivación de movementos, etc.
ICAT
"ICAT" (Interfaz de código a texto) serve para escribir en cualquiera aplicación de Windows realizando clics co rato ou a través dun pulsador conectado sinxelamente a un rato adaptado.
Mirar y tocar
"Mirar y tocar" foi diseñado orixinalmente para apoiar a avaliación obxectiva para distintos niveis de visión nas persoas con discapacidades múltiples. Permite tamén traballar causa-efecto.
EmuClic
"EmuClic" é un emulador que permite realizar clics do rato e outras accións a través dun conmutador estándar ou mediante un micrófono, por exemplo cun simple soplido.
MPB (Rato Por Barrido)
"MPB" (Mouse por Barrido) sirve para manexar o rato dun ordenador por medio dun conmutador conectado ao porto serie do ordenador.
Preparados, listos... switch!
"Preparados, listos... switch!" facilita a creación de actividades de opción múltiple que se resolven a través dun conmutador ou un clic do rato. Foi creado cos alumnos do "Colegio Lincoln de La Plata", na Arxentina.
ASAS (Actividades Simples Abertas, baseadas en Son)
"ASAS" permite diseñar, executar e modificar actividades para traballar con imaxes e son, en función da utilización como entrada dun clic do rato e o son detectado por un micrófono.
Marcador
"Marcador" (de puntaxe, para PDI) é un programa diseñado para amosar na pantalla dous puntaxes, co fin de ser utilizado en conxunto cunha pizarra dixital interactiva (PDI) nas actividades que impliquen a participación ou competencia de dous equipos.
Tocadiscos
"Tocadiscos" permite iniciar e deter a reproducción dun disco compacto de audio mediante un conmutador estándar ou a pulsación dunha tecla, reforzando o son con imaxes.
Estímulos
"Estímulos" é un conxunto de programas sielosnx de causa-efecto para usar con conmutadores, creado xunto co alumnado do "Colegio Lincoln de La Plata".
JuegoSwitch
"JuegoSwitch" é un xogo de pelotas que pode ser utilizado con conmutadores por un ou dous xogadores. Foi creado por Sergio Ruau.
Adaptaciones Word
"Adaptaciones Word" ´é unha plantilla de Word que incorpora varias ferramentas creadas por tres autores (Enric Puig, Joaquim Fonoll y Antonio Sacco). Compilada e distibuida polo "Centro Diversitat i Necessitats Educatives Especials", en Cataluña.
Macro Matemática Nacho para Word
"Matemática Nacho" foi creado para facilitar a realización de operacións matemáticas dentro de documentos do procesador de textos Microsoft Word.
Testeador de switches
"Testeador de switches" sirve para probar o funcionamento dun ou dous conmutadores conectados ao ordenador mediante unha interfaz serie estándar.
Switch to Click
"Switch to Click" convirte a acción dun conmutador nunha ou varias combinacións de teclas ou clics do rato (evolucionou en EmuClic).
Programas en LogoWriter
"Programas en LogoWriter" para alumnado de nivel inicial. Creados por Daniel Evans.
Adaptación do programa Clic para switches
Permite usar o coñecido programa Clic (moi empregado na educación especial) a través dun conmutador.
Módulo para instalar arquivos .msi
Se tes unha versión de Windows anterior a XP que no lle permite utilizar instaladores con extensión .msi, este módulo de Microsoft permitiracho. Por exemplo, se empregas o Windows 98, pode ser necesario que teñas que instalar este programa para poder logo utilizar alguns dos instaladores deste sitio.
Programa para ler arquivos de axuda .hlp
Se tes unha versión de Windows posterior a XP que non che permite abrir arquivos con extensión .hlp, este programa de Microsoft permitiracho. Por exemplo, se utilizas Windows 7, pode ser necesario que teñas que descargar este arquivo e abrilo para poder utilizar alguns dos manuais deste sitio.
Clic 3 comprimido (para Windows 7)
Se tes problemas para instalar Clic 3 en Windows 7, pode funcionar descargando este archivo .zip, descomprimilo no disco C:\, e executar directamente da carpeta creada (C:\clic3), os archivos "Clic.exe" para o programa principal, e "clicpac.exe" para compactar e descompactar paquetes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario