Un equipo de investigadores estudou a capacidade de rexeneración espontánea que amosan estes peixes tras unha lesión medular. Concretamente, amosaron o papel fundamental que desempeña a SEROTONINA neste proceso e que pode levar ao diseño de novos fármacos.
O peixe cebra adulto é quen de recuperar a natación de forma natural, poucas semanas despois de sofrir unha LESIÓN MEDULAR COMPLETA, algo que nos humanos provoca a perda irreversible da función locomotora e sensorial por debaixo do lugar da lesión.
O obxectivo do traballo era descobrir que vías moleculares se activan e interveñen no proceso rexenerativo tras unha lesión medular neste animal.
Os científicos demostraron que a SEROTONINA (neurotransmisor no sistema nervioso) promove tanto o desenvolvemento embrionario de motoneuronas espiñais como a súa rexeneración tras unha lesión medular nos adultos de peixe cebra. As motoneuronas son as neuronas da médula espiñal que inervan a musculatura para controlar a contracción e relaxación.
Nos humanos, trastornos dexenerativos ou lesións traumáticas medulares provocan a morte destas neuronas e, polo tanto, a perda da capacidade de controlar a musculatura corporal.
FONTE: Revista de Neuroloxía
Ningún comentario:
Publicar un comentario