CONTROL POSTURAL. ESTRATEXIAS XERAIS
O
alumnado ten que atoparse nunha situación estable que lle dea seguridade para efectuar as actividades que lle propoñamos. Teremos que ter
presente:
. O control da cabeza.
. O control do tronco.
. A posición das pernas.
. Os movementos asociados que presente.
Procurar que o alumnado manteña unha postura simétrica.
O alumnado que presenta deficiente control
cefálico é convinte presentarlle as tarefas en plano vertical (tableiro da
mesa elevado verticalmente, atril.
Hay
que dirixirse ao alumnado de fronte e á
altura dos ollos para evitar a posible hiperextensión do colo que lle faga
perder a estabilidade postural.
Se presenta tendencia a ladear a cabeza hacia un lado, é convinte presentarlle os obxectos e as actividades do lado contrario. Coidaremos tamén de sentar aos compañeiros no lado contrario.
Debemos procurar que o alumno/a utilice ambas mans, debe
colocalas sobre a mesa e utilizar a
menos hábil como apoio.
En ocasións é preciso priorizar a realización dunha tarefa a costa de
non manter unha postura correcta procurando que sexa por cortos periodos de
tempo.
Para acadar a postura correcta débense realizar adaptacións no mobiliario e/ou usar mobiliario
adaptado ás necesidades de control postural.
As adaptacións deben de ser o máis sinxelas posible: sempre que sexa
posible faranse sobre o mobiliario escolar estándar.
As adaptacións deben respostar ás necesidades de control postural de
cada alumno en particular.
É importante prever as aulas nas que va a traballar e nos espazos onde necesita utilizar o
mobiliario
Ningún comentario:
Publicar un comentario