PARTICIPA NOS PREMIOS "ROMPER BARREIRAS"

Nos nosos centros educativos, estamos a facer enormes esforzos para adaptarnos e cubrir as necesidades do noso alumnado con dificultades no movemento.  
Por iso, porque moitos centros xa tendes o traballo feito e tan só tendes que presentalo e compartilo, anímovos a que o fagades. 

Hai unha categoría individual e outra colectiva. Para cada categoría elexiranse a dous premiados que recibirán unha dotación económica en metálico e unha dotación económica en productos de "BJ Adaptaciones", así como un ordenador ou tableta Toshiba.

A viaxe e a estancia dos gañadores para poder recoller o premio a principios de abril na Barcelona tamén quedan cubertos. En total, concederanse premios por valor duns 20.000€.

Apúntaste?
É moi doado:
  1. Le con detalle as bases do concurso.
  1. Graba un vídeo amosando como usas ti ou o teu centro a tecnoloxía de apoio.
  2. mándanos a túa candidatura desde a web www.premiosromperbarreras.es ou no  Facebook dos Premios.
Participa. Comparte. Vive os Premios Romper Barreras
Bases Premios Romper Barreras 2015


Ningún comentario:

Publicar un comentario