APARELLOS ORTOPÉDICOS.

Cando existe marcha podemos atoparnos con alumnado que utilice aparellos ortopédicos que 
son instrumentos que axudan a reeducación funcional.
Tamén podemos dicir que son estructuras mecánicas adaptadas ao individuo para compensar 
ou suplir un déficit do aparello locomotor.

CLASIFICACIÓN

A) Próteses
Son aparellos ortopédicos que sustitúen que reemplazan artificialmente un ou varios 
segmentos corporais previamente amputados. A súa finalidade polo tanto, é dobre: sustituir a 
función e mellorar a estética.
Poden ser internas (próteses de cadeira) ou externas (p. de brazo).


B) Órteses
Son aparellos ortopédicos que reemplazan ou compensan a función deficitaria de un ou varios segmentos corporais. A súa finalidade é exclusivamente funcional.



TIPOS
a) De extremidades superiores.
b) De extremidades inferiores.
c) De tronco.

Hainas provisionais (susceptibles de modificacións: xeso) ou definitivas (resistentes e lixeiras: aceiro inoxidable, aluminio, plástico, fieltro, velcro...)


SEGUNDO A SÚA FINALIDADE
Órtese de repouso: manteñen as articulacións nunha posición determinada para evitar dor (férulas de moneca en artrite reumatoide; xesos de inmovilización para fracturas, ou postoperatorios...)


Órteses correctoras: Son as que corrixen unha deformidade ou rixidez articular (corsé para a escoliose, plantillas, zapatos ortopédicos....).

Órteses funcionais:
  • Estáticas: Estabilizan unha articulación para mellorar a función (titores de marcha)
  • Dinámicas: Empréganse para controlar o ton anormal e as disfuncións neurolóxicas. É un grupo de órteses que basean a súa funcionalidade nunha leve compresión das partes afectadas proporcionando un feedback sensorial que repercute na precisión dos movementos. 

C) Outros tipos de axuda para a marcha.

Son aparellos que facilitan a reeducación da marcha e o desprazamento permitindo a supresión ou disminución do apoio con mellor equilibrio:

1.- Muletas



















2.- Bastóns de 2 ou 3 pés. 
  • 3.- Andadores
    

     








No hay comentarios:

Publicar un comentario