Algúns aspectos que o profesorado debe
considerar cando
ten no aula alumnado con discapacidad motora son:
* Facer uso das adaptacións de acceso ao currículo e do plan de evacuación.
* Antes de comezar debemos asegurarnos de que o alumno/a está colocado de xeito
correcto.
* Fixarémonos en que o alumno/a poida moverse dentro do aula.
* Debe estar sentado o máis preto da porta e do docente.
* O seu campo visual debe estar orientado cara ao resto de alumno/as do aula.
* Debemos facilitar a autonomía do escolar nos seus desprazamentos e no uso dos
seus materiais, aínda que sempre baixo a supervisión dun adulto.
* Os materiais que imos usar deben estar ao seu alcance.
* A información debe estar á altura dos ollos do alumno/a.
* O persoal (docente ou auxiliar) que atenda ao alumno/a deberá estar informado
das limitacións do escolar e favorecer a funcionalidade das extremidades
afectadas, etc.
* Si é necesario, facilitarase ao alumno/a o uso dun sistema de comunicación
alternativo.
* Programaranse actividades con distintos grados de dificultade, sempre
partindo do seu nivel competencial e tendo en conta o seu grado de dificultade.
* Respectaremos o seu ritmo de traballo e non nos adiantaremos ás súas
respostas.
* O reforzo positivo é moi
importante, valoraremos o seu esforzo.
* Evitaremos as posibles actitudes de autocompasión, sobreproteción ou
impaciencia.
* Fomentaremos o traballo cooperativo en pequeno grupo.
* Ensinarémoslle como realizar unha determinada tarefa e darémoslle
oportunidade para que as xeneralice.
* O uso de axendas e horarios de traballo facilitaralle a organización e
autonomía.
* Teremos en conta que debemos axustar a cantidade de tarefas a realizar, xa
que adoitan tardar máis tempo que os seus compañeiros/as.
* Si é necesario, darémoslle tempo para descansar.
* Debemos ser flexibles nas expectativas que temos sobre o escolar.
* É importante explicar aos compañeiros/as as repercusiones deste tipo de
discapacidade.
* Debemos evitarlle os ruídos e sons bruscos, e a excesiva estimulación
visual.
* As axudas iranse reducindo en función das súas necesidades.
* As actividades débense programar graduando a súa dificultade. É moi
importante que o alumno/a teña éxito.
* Os procedementos e instrumentos de avaliación serán adaptados tendo en
conta a lexislación vixente na nosa comunidade, polo que se deben usar
as axudas técnicas precisas ou as adaptacións tanto curriculares como de acceso ao curriculo que sean necesarias.
* O tempo das probas de avaliación será flexible (adaptación de acceso, se é esa a necesidade do alumnado).
* As actividades de avaliación propoñeranse de xeito intercalada entre as
actividades de ensino, así poderemos reorientar e axustar a aprendizaxe si
fose necesario.
* Construiremos instrumentos de avaliación específicos e variados e
adaptarémonos ás súas posibilidades comunicativas cando
presentemos as actividades de avaliación.
|