Fai moito moito tempo, vivía preto de Tokio un ancián e respectado samurái que gañara moitas batallas.
O seu tempo de guerreiro xa pasara. Ese sabio samurái agora dedicábase a ensinar aos máis novos, aínda que aínda persistía a lenda de que era capaz de derrotar a calquera adversario, por moi bo que fose.
Unha tarde de verán, apareceu na súa casa un guerreiro coñecido polas súas malas artes e pouca caballerosidade. Era famoso polo seu carácter provocador e os seus poucos escrúpulos. A súa estratexia consistía en molestar ao seu adversario, ata que este, movido pola ira, baixaba a garda e atacaba cegamente. Contan que xamais fora derrotado. E esa tarde propúxose destruír a lenda do ancián samurái para aumentar aínda máis a súa fama.
Moi pronto o guerreiro empezou a insultar ao sabio samurái, chegando a tirarlle pedras e mesmo cuspirlle no rostro. Así foron pasando os minutos e as horas, pero o sabio samurái permanecía impasible sen sacar a súa espada. Pasada a tarde, xa exhausto e humillado, o guerreiro deuse por vencido.
Os aprendices de samurái, indignados polos insultos que recibira o mestre, non comprendían por que o ancián non se defendeu e asumiron a súa actitude como un símbolo de covardía. Preguntáronlle:
- Mestre, como puideches soportar tanta indignidade? Por que non blandiches a túa espada aínda que soubeses que ías perder a batalla, en vez de amosarte cobarde diante nosa?
O mestre preguntou:
- Se alguén chega cun presente e non o aceptades, a quen pertence o agasallo?
- Á persoa que o veu a entregar! respondeu un dos discípulos.
- Pois o mesmo vale para a rabia, os insultos e a envexa -Respondeu o mestre samurái- Cando non se aceptan, continúan pertencendo a quen os levaba consigo.
Na vida a miúdo atopámonos con persoas que arrastran consigo un pesado fardo de insatisfaccións, culpa, ira, frustracións e medos. Estas persoas ás veces nin sequera son conscientes diso, pero sempre que poden actúan como camións de lixo, tentando descargar un pouco do seu peso sobre os demais.
Como o fan?
- A través de críticas destrutivas que non teñen precisamente o obxectivo de axudarnos a mellorar.
- Facéndonos sentir culpables por cousas que se escapan do noso control.
- Restándolle valor ao noso esforzo e logros, co obxectivo de mellar nosa autoestima.
- Inoculándonos os seus propios medos para impedirnos seguir adiante cos nosos soños.
- Lamentándose continuamente por todo, amosando unha actitude de victimismo crónico para tentar contaxiarnos coa súa visión pesimista da vida.
- Descargando as súas frustracións sobre nós, buscando motivos de discusión e enfadándose sen razón.
- Facéndonos responsables dos seus erros e descargando sobre nós as súas insatisfaccións.
Aprende a responder, non a reaccionar
Todos estes comportamentos non son máis que provocacións. Debemos aprender a velos como o "agasallo" ao que facía ilusión o ancián samurái, polo que está nas nosas mans aceptalos ou rexeitalos.
O primeiro paso consiste en comprender a sutil diferenza entre "reaccionar" e "responder". A maioría das persoas simplemente reaccionan ante as circunstancias, o cal significa que sempre estarán a mercé destas. Por exemplo, se alguén lles grita, enfádanse e gritan á súa vez. A cada estímulo séguelle unha reacción inmediata.
Hai outras persoas que aprenderon a responder. Responder é un acto consciente, implica unha decisión e, polo tanto, tamén significa que somos nós quen ten o control. Podemos decidir como responder ante as circunstancias, sen perder o noso equilibrio emocional.
Desactiva os teus botóns interiores
A solución para deixar de reaccionar ante as provocacións a eses "agasallos" indesexados é bastante simple: desconectar os botóns que nos fan reaccionar automaticamente cando os demais nos presionan.
Cada quen ten unha configuración individualizada de botóns sensibles. Xeralmente eses botóns configuráronse durante os nosos primeiros anos de vida, polo que de certa forma, cando alguén os activa, sentímonos indefensos e atacados, é coma se volvésemos ser un neno inseguro e a resposta do cerebro emocional ante a indefensión consiste en reaccionar inmediatamente, atacando ou fuxindo da situación para recuperar o estado de seguridade. Ningunha desas respostas é madura e, por suposto, carrexan un gran custo emocional.
Que facer?
1. Comeza por descubrir cales son eses botóns. Daraste conta de que adoitas reaccionar case sempre ante situacións que xeran en ti certos estados, como sentirte ignorado, menosprezado, rexeitado, humillado, débil, inadecuado, estúpido, avergoñado, impotente..... Pensa nas circunstancias nas que perdiches o control e respondiches automaticamente, tenta buscar puntos en común. Así poderás descubrir a dinámica que se atopa detrás deses botóns.
2. Desensibilízate das experiencias do pasado. Unha vez que atopaches eses estados que che fan reaccionar, debes achar as experiencias negativas vinculadas a eses estados; eses eventos perturbadores que, dunha forma ou outra, crearon eses botóns sensibles. Podes revivir esas situacións e preguntarte como reaccionarías agora, de adulto e coa distancia dos anos.
A idea é que te deas conta que o teu pasado non te define e que agora maduraches e es capaz de lidar con eses sentimentos dunha maneira diferente. Daraste conta de que deixaches atrás eses problemas cando penses neles ou nunha reacción que tiveches e parézanche francamente ridículos. A capacidade para rirte do pasado sempre indica que a ferida sanou.
Neste punto, os comportamentos dos demais pareceranche cada vez menos provocadores porque lles darás menos importancia. Desta forma, os seus "agasallos" indesexados non desatarán unha reacción inmediata que che faga perder a serenidade.
3. Desapégate das túas emocións. Hai casos nos que, independentemente dos nosos botóns emocionais, os comportamentos, palabras e actitudes dos demais poden molestarnos. É practicamente imposible controlar todas as nosas reaccións emocionais, pero podemos aprender a xestionar a nosa actitude e o noso comportamento. Podemos elexir responder, en vez de limitarnos a reaccionar.
Para iso é fundamental que non te identifiques coas túas emocións. Pensa nos teus estados emocionais como nubes que agora están a cubrir o ceo pero que moi pronto xa non estarán, a menos que te aferres a elas. Por tanto, dá un paso atrás, respira profundo e reencontra o equilibrio para responder asertivamente. A túa saúde emocional agradeceracho.
E...... lembra sempre que,
ninguén poderache facer dano sen o teu consentimento
FONTE: Jennifer Delgado Suárez en Rincón de la Psicología
ninguén poderache facer dano sen o teu consentimento
FONTE: Jennifer Delgado Suárez en Rincón de la Psicología
Ningún comentario:
Publicar un comentario