Cando as túas habilidades motoras limítanse a moi poucos movementos controlados coa túa man, a túa cabeza ou a túa perna, con moita ou pouca forza ou precisión, xogar convírtese nunha actividade case imposible.
Tes poucas oportunidades para xogar só, ou para participar no xogo dos demais, é case imposible atopar un xoguete que poida poñerse en marcha ou controlarse cos movementos básicos que tes.
O que nós propoñemos aquí, son algunhas ideas de xoguetes adaptados a pulsadores, unha alternativa que pode resultar válida para ti.
Empecemos polo principio:
que son os pulsadores?
Son dispositivos que, ao presionalos, tocalos, empuxalos, etc., van activar aquilo ao que están conectados (no noso caso os xoguetes).
Pensa nun interruptor da luz e poderaste facer unha idea. Hai moitos tipos que se adaptan ás diferentes habilidades que teñen as persoas. Mostrámoste algúns.
Algúns xoguetes son fáciles de adaptar. Para facer adaptacións "caseiras" existen dúas posibilidades. A máis sinxela é facer ou comprar unha "pastilla de pilas".
Consiste nunha dobre chapa cun cable e unha clavija femia á que se pode conectar o
pulsador. Pódese pasar dun xoguete a outro segundo se vaia necesitando. Esta pastilla colócase entre a pila e o contacto e no extremo que queda fóra hase de picar o pulsador.
A segunda forma é conectar un cable con esa clavija femia ao propio cableado do xoguete. Aínda que soe complexo é moi fácil.
En calquera caso, é importante lembrar a necesidade de consultar a expertos en adaptacións e seguridade de xoguetes, para non incorporar perigos non desexados nos produtos, sobre todo se o neno/as sen problemas de mobilidade van ter tamén acceso a eles.
Exemplos de xoguetes adaptados con pulsadores.
Adaptacións deste tipo
facilitan que o xogo chegue
a ser unha actividade placenteira,
participativa, controlada e emocionalmente
satisfactoria para todos.
LEMBRAMOS OS OBRADOIROS DE CEAPAT publicados en anteriores entradas
Ningún comentario:
Publicar un comentario