Para a maioría das familias, o Nadal é un tempo de celebración e diversión.
A maioría de nós probablemente admitiría que goza da pura compracencia das festas de Nadal.
Con todo, se un membro da familia ten discapacidade e/ou dificultades de aprendizaxe, pode ser unha historia diferente.
Os cambios na rutina dun neno poden perturbar o seu día a día, e o Nadal en moitas ocasións, supón un cambio nas formas de actuar para toda a familia.
O Nadal pode ser un momento moi estresante para os pais e nais que teñen que equilibrar as necesidades de toda a familia.
Recollemos seguidamente as seguintes suxestións e consellos cara as festas que están a piques de comenzar:
Os agasallos e xoguetes para nenos ou nenas con discapacidade.
Atopar un agasallo que sexa apropiado para a súa idade, pero tamén, adecuado para a súa capacidade e o seu desenvolvemento, nunca é fácil.
A veces, as nais e pais atópanse ante un forte compromiso cando teñen que explicar aos familiares por que algo que adquiriron non é adecuado.
Desenvolver os agasallos e a apertura de cousas novas pode crear ansiedade e confusión. A expectativa de abrir un agasallo tras outro o día de Nadal, en ocasións, é abafadora para o neno.
Unha boa solución podería ser a de pedir a amigos e familiares un único agasallo. Desta maneira, pódese elixir algo máis adecuado, e o seu fillo non vai estar sobrecargado con tantos obsequios.
Tamén, pode envolver algúns dos seus xoguetes favoritos. Pode ser moi tranquilizador desenvolver algo familiar.
Percepción dunha importante sobrecarga sensorial.
A interrupción da rutina normal, lugares descoñecidos, os cheiros, as multitudes, as luces, a casa chea de ruído e xente.
O Nadal, vista desde os ollos dun neno con necesidades especiais, adquire unha perspectiva totalmente diferente. Trata de mirar o mundo desde o ángulo do teu fillo.
Mantén un horario nas actividades diarias para darlle toda a túa atención, mesmo se é só durante 10 minutos.
Dar un pouco de tempo "libre de Nadal" todos os días. Crear unha zona "libre de Nadal" na súa casa onde o neno poida sentirse seguro e sobre todo tranquilo.
HÁBITOS NAS FAMILIAS CON NENOS DISCAPACITADOS
Sinalaremos a continuación algúnhs bos costumes para familias con nenos discapacitados
1.- A familia é o primeiro
As familias con nenos discapacitados, teñen claras as súas prioridades e a importancia do núcleo familiar. Saben que o seu traballo diario é moi importante, pero nunca tanto como os seres queridos e a súa familia; por tanto a dedicación que se teñen entre pais e fillos significa moito para todos.
2.- A perfección non é unha meta principal
As familias teñen que poñer a súa meta no progreso diario e non en buscar "a perfección", entendemos que é máis importante que centrarnos en perfeccionar unha meta xa alcanzada. Esta sinxela decisión permítennos mellorar a todos e sentirnos mellor.
O perigo de buscar a perfeción é centrarnos demasiado en algo que nos faga perder o rumbo do desenvolvemento diario e, con iso, a mirada nas habilidades que serán necesarias máis adiante.
3.- Propoñer metas claras e realistas
As metas que se han de propoñer as familias han de ser específicas e posibles de alcanzar. Saber o que queren lograr e obter a motivación necesaria entre todos para alcanzar as metas propostas.
Ter claras as ideas e levar a cabo accións eficaces para conseguir os desexos e metas, dará a perspectiva do camiño percorrido e a onde queremos chegar.
Ter un plan/programa de accións a realizar e executalo, é unha boa idea.
4.- Tomar decisións
En moitos casos hai que tomar decisións firmes e contundentes como a educación, tipos de rehabilitación, tratamentos médicos, operacións......
Unha vez tomada a decisión, hai que propoñerse facer todo o necesario para asegurar o éxito.
A fluidez na toma de decisión axudará a gañar confianza entre todos e, ademais, xurde a capacidade e o esforzo para facer que as cousas sucedan tal e como nun principio se pensaron e se planificaron.
5.- Os problemas non deteñen
Mais, se todos os membros da familia céntranse nas accións para mellorar a actual situación, entre todos, consíguese pensar con máis claridade e ter ideas positivas, o que abrirá as portas a novos camiños e mellores solucións.
Hai que esquecer calquera sentimento negativo para seguir o camiño planficado.
6.- O fracaso non fai perder o camiño
Moitas persoas din que o fracaso é unha parte do crecemento e desenvolvemento. Nas familias con nenos con necesidades especiais ou discapacidade, os contratempos e erros enténdense como oportunidades para aprender, desenvolver novas habilidades, e ser aínda mellor entre todos. Non importa cantas veces caiamos, sempre que sexamos capaces de volver a levantarnos e de que utilicemos esa nova forza e esa nova experiencia para mellorar, porque sabemos que en realidade non foi un fallo, simplemente foi un tropezo.
7.-Deporte, saúde e diversión
Unha boa saúde da a liberdade e a enerxía para gozar plenamente da vida en familia. As familias que lidan a diario coa discapacidade, han de ser conscientes de que deben estar mental, física e emocionalmente sans, para así poder enfrontarse ao día a día, a propia familia xa conta con iso. Hai que saber como relaxarse e divertirse, saber da importancia de darse polo menos unhas vacacións xuntos para "recargar" e saborear todo o que temos que disfrutar.
8.-Os cambios poden ser importantes para seguir desenvolvendo habilidades.
As estratexias e os plans poden cambiar, pero non tanto como para sentir frustración cando eses cambios son inesperados. Debemos ser conscientes de que hai máis dunha maneira de chegar ao éxito e non poñer pegas a novas situacións por medo, inseguridade, descoñecemento; por exemplo: a novos tratamentos -indicados polos especialistas-, terapias ou novos dispositivos ou próteses que axuden a mellorar o desenvolvemento do neno......).
9.-Seguir aprendendo
Seguir aprendendo motivaranos e manteranos alerta para calquer novo desafío. Manternos ao día sobre investigación, movementos sociais e como se vive a discapacidade noutras comunidades. Non debemos deixar de aprender e estar sempre abertos a mellorar.
10.- Non rodearse de xente negativa nin centrarse en cousas negativas
É bastante fácil deixarse contaxiar pola enerxía negativa cando se está preto de persoas tóxicas que sempre se están queixando e poñendo escusas ao que non fan e deben facer.
Debemos rodearnos doutras familias e persoas positivas e proactivas que nos inspiren para acadar os nosos logros e vivir plenamente.
Non debemos perder o tempo con pensamentos negativos, nin centrarnos no que podería saír mal; en cambio, sí debemos preocuparnos de facer o posible para que as cousas vaian bién.
Os xogos en familia e con amigos sempre resultan unha situación agradable.
11.- Non ir de vítimas pola vida
Non serve de nada o "victimismo" no ámbito da discapacidade, si o pedir axuda e información. Temos que dar unha gran importancia a ser felices e estar tranquilos, tendo o control completo de actuacións que inflúan na familia. Seremos nós, en última instancia, os responsables da nosa propia felicidade.
12.- Ser agradecidos
Buscar momentos para crear un ambiente de tranquilidade e lembrar as cousas positivas do día, ter momentos para o humor, a risa....... aumentaremos o estado de ánimo e estaremos máis motivados para seguir desenvolvéndonos como familia.
FONTE: PlazaToy
Ningún comentario:
Publicar un comentario