Considérase un produto de apoio aquel que é fabricado especialmente ou está dispoñible no mercado, utilizado por ou para persoas con discapacidade destinado a:
- Facilitar a participación.
 - Protexer, apoiar, adestrar e/ou substituír funcións, estruturas corporais e/ou actividades.
 - Previr deficiencias, limitacións na actividade ou restricións na participación.
 
As razóns para utilizar un produto de apoio poden ser varias, pero o obxectivo principal será a capacidade da persoa para realizar as tarefas que requira, da forma máis autónoma posible, con eficacia, seguridade e comodidade. Por tanto, as axudas técnicas abarcan un amplo espectro desde as máis simples ás máis sofisticadas, destacamos:
- Produtos de apoio para o tratamento médico personalizado: equipamento para axudar a unha persoa para respirar, pezas de roupa para previr cicatrices hipertróficas despois dunha queimadura.....
 - Produtos de apoio para o adestramento/aprendizaxe de habilidades: axudas para o adestramento de comunicación aumentativa e alternativa, para adestrar a integración sensorial...
 - Órtesis e prótese: para membro superior, membro inferior, calzado ortopédico....
 - Produtos de apoio para o coidado e a protección persoal: calzadores, abotonadores, tiradores para cremalleras, alzas e asentos para inodoros...
 - Produtos de apoio para a mobilidade: bastóns, andadores, cadeiras de rodas...
 - Produtos de apoio para actividades domésticas: tapetes antiescorregadizos, escurridores, cepillos para a vaixela...
 - Mobiliario e adaptacións para vivendas: mesas reclinables, taboleiros para escritura, atrís para libros...
 
Á hora de elixir un produto de apoio débese realizar unha valoración na que se teña en conta:
- o usuario interesado (capacidades, limitacións...),
 - o uso ou as actividade que desexa realizar,
 - a contorna onde se desenvolvesen e
 - a variedade de axudas técnicas dispoñibles no mercado nese momento.
 
FONTE: Lidia Cubero (Terapeuta Ocupacional). CREENA
Ningún comentario:
Publicar un comentario