AUTOR: Eric Carle
Parécenos un bo material para traballar vocabulario. Ademáis, a nivel formal, as súas ilustracións son moi atractivas para os nenos (cores e formas) e inclúe elementos como os pequenos buracos que fai que son moi útiles para traballar habilidades de coordinación ollo-man.
Actividades propostas. Motricidade Fina.
Propoñémosvos varias actividades baseadas no traballo de motricidade
1. Pintamos con esponxas
Descrición : A idea é usar esponxas para crear as partes da oruga. Permítenos traballar motricidadw fina e á vez, vocabulario (cores).
Material necesario :
Esponxas redondas de cores ( tamaño adaptado ás mans dos nenos) .
Pintura de dedos de cores.
Ceras de cores (para os detalles, ollos, pés, antenas etc).
2. Pintamos con Globos.
Descrición: Incharemos globos (tamaño medio adaptable á man dos pequenos) e usaremos os globos para pintar o corpo da oruga. Esta actividade permite que os nenos deban controlar a forza sobre o globo (se nos pasamos explota se é pouca se escapa) unha actividade estupenda para traballar motricidade fina. Podemos usar os dedos para os detalles (ollos, antenas etc).
Material necesario:
Globos pequenos.
Temperas.
3. Construímos unha oruga con caixas de ovos.
Descrición: Usaremos caixas de ovos para construír unha oruga. Deberemos facer varias actividades motrices: recortar a caixa, pintar con pincel, enganchar os ollos, pegar as antenas. Unha actividade divertida que permite activar varias actividades motrices .
Materiais necesarios:
Caixa de ovos.
Témperas (verdes e vermellas)
Adhesivos en forma redonda (ollos)
Arame para as antenas.
Actividades Propostas. Xogo
Propoñémosvos crear actividades que sirvan para xogar cos contos e fomentar así, a creatividade a través do xogo libre.
1. Quebracabezas Oruga
Descrición: Propoñémosvos crear, con goma eva, un pequeno quebracabezas da oruga, os pequenos deberán montar a oruga. Os elementos podémolos facer moi simples ou con máis detalles dependendo da complexidade que queiramos darlle á actividade.
2. Xogo matemático
Descrición: Este conto préstase a empezar a introducir a numeración cos máis pequenos, sempre a través do xogo . Propoñémosvos varias actividades moi divertidas para aprender a contar: unha delas pode ser introducir un "lacasito" en cada "redondo" da oruga mentres imos contando; por suposto, estaremos a traballar a pinza.
FONTE: Cuentos para crecer
Ningún comentario:
Publicar un comentario