A Toxina Botulímica prodúcea a bacteria Clostridium Botulinum.
É unha neurotoxina moi potente que causa o botulismo, enfermidade que ocasiona unha parálise muscular progresiva, sendo mortal cando afecta aos músculos respiratorios. Actúa impedindo que o nervio transmita a orde de contraerse ao músculo e precisamente neste mecanismo reside o seu interés terapéutico. A toxina produce unha denervación (desconexión entre o nervio e o músculo) química transitoria sen lesión física nas estructuras nerviosas.
Convenientemente atenuada a súa potencia no laboratorio e convertida así nun medicamento, pode inxectarse en cantidades moi pequenas nos músculos que máis interese relaxar en cada caso. Deixa de ser un veneno para ser un tratamento excelente.

A toxina botulínica no tratamento da espasticidade infantil
A súa aplicación debe considerarse sempre
no marco dun tratamento multidisciplinario que teña como base un plan individualizado
de fisioterapia.
Non todos os pacientes se benefician do tratamento con toxina
botulínica, o especialista valorará
coidadosamente cada caso e establecerá obxectivos claros e realistas,
seleccionando axeitadamente as áreas musculares a tratar.
É un fármaco moi seguro que administrado
precozmente será eficaz para evitar ou reducir as graves complicacións da espasticidade e
retrasar ou evitar a ciruxía. Os seus efectos son
reversibles, desaparecendo nuns 6 meses aproximadamente, polo que a
infiltración debe repetirse periódicamente antes de que se agote completamente
el efecto.
Os efectos secundarios son leves e
transitorios, relacionados sobre todo con molestias sutís nos músculos inxectados,
de poucos días de duración e que non requiren tratamento. O exceso
de debilidade muscular é o efecto adverso máis frecuente. Débese infiltrar sempre a dosis mínima eficaz.
A maioría dos pacientes, melloran a súa movilidade e por tanto, a súa autonomía,
retrasando, e, nalgúns casos, evitando a ciruxía. A seguridade do fármaco e a ampla
experiencia que existe no seu uso permiten afirmar que é unha
intervención imprescindible para o tratamento da espasticidade nos nenos
con PCI.
Fonte: Guía
terapéutica de la espasticidad infantil con toxina botulínica. Grupo Español de Espasticidad. Rev Neurol 2007;44:303-309
"Neuronas en crecimiento"
"Neuronas en crecimiento"
Ningún comentario:
Publicar un comentario