A Parálise Cerebral é un trastorno global da persoa consistente nun desorde permanente e non inmutable do ton, a postura e o movemento, debido a unha lesión non progresiva no cerebro antes de que o seu desenvolvemento e crecemento sexan completos. Esta lesión pode suceder durante a xestación, o parto ou durante os primeiros anos de vida, podendo deberse a diferentes causas, como unha infección intrauterina, malformacións cerebrais, nacemento prematuro, asistencia incorrecta no parto... A Parálise Cerebral en sí non é progresiva (é dicir, o dano cerebral non empiora). Nembargantes, poden manifestarse trastornos secundarios, tales como espasmos musculares, que poderían mellorar, empiorar ou non cambiar co paso do tempo. A Parálise Cerebral non é contaxiosa. Non é unha enfermidade e non debe referirse a ela como tal. Se ben non é “curable” no senso preciso da palabra, o tratamento e a terapia poden mellorar a función muscular.
As afectacións máis comúns son a perturbación do ton muscular, postura e movemento, así como as interferencias producidas no desenvolvemento neuropsíquico.
Aos problemas do movemento pódense asociar outros de diversa índole e non menos importantes. Trátase de problemas clínicos, sensoriais, perceptivos e de comunicación. Existe unha enorme variedade de situacións persoais, non xeralizables que dependen do tipo, localización, amplitude e difusión da lesión neurolóxica. Así, nalgunhas persoas a Parálise Cerebral é apenas apreciable, mentras que outras poden estar moi afectadas e necesitar de terceiras persoas para a súa vida diaria.
Actualmente é a causa máis frecuente de discapacidades motóricas nos nenos, despois de instaurarse a vacina da poliomielite. En España, alrededor do 2,1 por mil da poboación ten Parálise Cerebral. Pode afectar a persoas de calquera raza e condición social.
ETIOLOXÍA
  | ||||||||||||||||||
ETIOLOXÍA DA PARÁLISE CEREBRAL INFANTIL
TIPOLOXÍA
CADRO RESUMO 
PARÁLISE CEREBRAL INFANTIL  | |
CRITERIO  
 | 
NIVEIS  
 | 
| - TIPO | - ESPASTICIDADE - ATETOSE - ATAXIA - MIXTO  | 
| - TON | - ISOTÓNICO - HIPERTÓNICO - HIPOTÓNICO - VARIABLE  | 
| - TOPOGRAFÍA | - HEMIPARESIA OU HEMIPLEXÍA - DIPARESIA OU DIPLEXÍA - CUADRIPARESIA OU CUADRIPLEXÍA - MONOPARESIA OU MONOPLEXÍA - TRIPARESIA OU TRIPEXÍA  | 
| - GRAO | - GRAVE - MODERADO - LEVE  | 
Na clasificación atopámonos 4 criterios diferentes, estes criterios son: o tipo, a topografía, o ton e o grao.
No referente ao tipo podemos sinalar que se distingue entre: 
 
- Espasticidade: consiste nun aumento esaxerado do ton (hipertonía), caracterizándose por movementos esaxerados e pouco coordinados ou descoordinados.
 - Atetose: consiste nunha fluctuación de hipertonía a hipotonía. Caracteriza por movementos irregulares e retorcidos difícilmente controlables.
 - Ataxia: consiste nunha alteración do balance, caracterizándose por un sentido defectuoso da marcha e descoordinación motora tanto fina como grosa.
 - Mixto: prácticamente todas as persoas con Paralise Cerebral son de tipo mixto, o que significa que manifestan distintas características dos anteriores tipos en combinación.
 
A clasificación atendendo ao ton, está íntimamente ligada á clasificación anterior:
- Isotónico: ton normal.
 - Hipertónico: ton incrementado.
 - Hipotónico: ton disminuido.
 - Variable.
 
- Hemiparesia ou hemiplexia: afecta a unha das dúas mitades laterais (dereita ou esquerda) do corpo.
 - Diparesia ou diplexia: mitade inferior máis afectada que a superior.
 - Cuadriparesia ou cuadriplecia: os catro membros están paralizados.
 - Paraparesia ou paraplexia: afectación dos membros inferiores.
 - Monoparesia ou monoplexia: un único membro, superior ou inferior, afectado.
 - Triparesia ou triplexia: tres membros afectados.
 
Atendendo ao grao de afectación podemos distinguir entre:
- Grave: autonomía case nula.
 - Moderada: autonomía ou ao sumo precisa algunha axuda asistente.
 - Leve: autonomía total.
 
Fonte:APACE Toledo
Ningún comentario:
Publicar un comentario