ESTRATEXIAS PARA AUMENTAR O VOCABULARIO NO ALUMNADO


Sabemos que hai unha estreita relación entre o nivel de vocabulario dos nenos e o seu desempeño como lectores.  Os lectores principiantes utilizan o coñecemento acerca das palabras para axudarlles a entender o que están a ler. Cantas máis palabras sabe un lector, máis capacidade ten para  comprender o que están a ler ou a escoitar.
Falar e ler  de maneira compartida cos nenos, son dúas formas estupendas para axudarlles a escoitar e ler palabras novas. Pero... Como podemos aumentar o vocabulario dos nenos nas nosas interaccións cotiás?
Propoñemos algunhas estratexias para que propoñades na aula a través dos contos:

Ao introducir novas palabras propoñemos  catro consellos. A idea é usar as nosas conversacións diarias para aumentar o nivel de vocabulario dos nenos ou ben cando falamos, ou ben cando lemos ou ben cando vemos unha película etc. 

Pasos para introducir novo vocabulario nas interaccións diarias: 
1. En primeiro lugar : Proporcionar unha definición simple da nova palabra, accesible para os nenos.
 Vexamos un exemplo . Ávido significa ter moitas ganas de conseguir algo.


2. En segundo lugar:  Dar un exemplo sinxelo, accesible para os nenos, que teña sentido dentro da súa vida cotiá:
Acórdaste aquel día que fomos á praia e facía moita calor e mamá esquecera a bolsa da comida e a ti tiñas moooita sede?, pois .... estabas ávido por beber auga

3. En terceiro lugar, animemos ao neno  para desenvolver o seu propio exemplo:
Ocórreseche algunha outra situación? 
- Si, estiven ávido pola chegada dos Reis Magos
- Si xenial! xustamente.  

4. Por último, manter as súas novas palabras activas dentro a dinámica familiar e/ou escolar. 
Nos próximos días e semanas, aproveitar as oportunidades de utilizar cada nova palabra do vocabulario na conversación.
É importante que atopemos o tempo para compartir palabras novas e ampliar o vocabulario dos nenos.  

FONTE: Cuentos para crecer

No hay comentarios:

Publicar un comentario