XOGUETES ADAPTADOS CARA AO NADAL

Consideramos xoguetes adaptados aqueles xoguetes estándar aos que se lles fixo algunha modificación física que facilita o uso e o xogo a un neno con discapacidade.




Á hora de seleccionar xoguetes e elementos para xogar resulta útil ter en conta unha serie de aspectos e criterios que faciliten a elección.


A nivel xeral cabe lembrar que se debe:

* Escoller tendo en conta os intereses do neno.

* Pensar sempre nas capacidades que ten.

* Comprar sempre pensando nas normas de seguridade.
* Ter en conta as súas necesidades.







ALGÚNS CRITERIOS DE SELECCIÓN para Discapacidade motora





* Que se manipulen mediante técnicas motrices controladas polos propios nenos e nenas.

* Que os pulsadores ou botóns sexan moi accesibles e fáciles de accionar.
* Que as súas pezas sexan fáciles de encaixar.
* En estruturas grandes de tipo mobiliario (cociñas, bancos de traballo, etc.) que as súas dimensións permitan introducir as cadeiras de rodas, ou ben que posibiliten unha sinxela desagregación en módulos para utilizalos desmontados sobre unha superficie.
* Que permitan un fácil acceso a todas as súas posibilidades ou funcións. * En xogos de mesa, que dispoñan de antiescorregadiza pola parte inferior. * Que non se deban facer movementos demasiado rápidos ou que se poidan regular os tempos de resposta.
* Que non obriguen a efectuar movementos simultáneos (por exemplo, pulsar dúas teclas á vez).


Para discapacidades psíquicas
A miúdo os nenos con discapacidades psíquicas teñen outras discapacidades asociadas e débese facer a selección pensando nestas. A fin de escoller o xoguete máis adecuado para un neno con discapacidade psíquica debemos pensar nun xoguete que se adapte ao seu nivel intelectual, madurativo e físico. Os xoguetes didácticos para uso escolar son unha boa opción para estes nenos xa que axudan a desenvolver as súas capacidades de aprendizaxe da forma máis atractiva para calquera neno, xogando.
FONTE: Juguete seguro

Ningún comentario:

Publicar un comentario