O seu fillo ten necesidades especiais?
Éstes son algúns consellos para facer unha boa elección segundo o seu perfil e os seus gustos. Son recomendacións de base.
1.- Busque como prioridade xogos que ofrezan regras modulables.
Isto permitiralle adaptar o nivel de dificultade ás necesidades do nen@ xogando coa duración do xogo (sobre todo se o seu fillo ten dificultades de concentración) e sobre a complexidade das accións para realizar. Despois, pode engadir unha dificultade suplementaria cando vexa que o seu fillo esta listo para avanzar.
2.- Dea prioridade a xoguetes que ofrezan unha manipulación simple (ou que poida ser simplificada)
De maneira xeral, grandes mangos, botóns grandes e identificables e cunha baixa resistencia á presión, para permitir ao neno utilizar o xogo máis facilmente. É difícil facer xeneralidades sobre o aspecto físico dun xogo. Para un neno fará falta que o xogo sexa pesado para que a súa ancoraxe diante del sexa sólida. Así será máis fácil a exploración.
Para outros nenos serán preferibles, xoguetes máis lixeiros xa que o neno quererá manipulalos en todos os sentidos e experimentar….... Neste caso deberá atopar xoguetes que lle ofrezan unha manipulación doada sabendo como o vai a utilizar.
3.- Elixa sempre unha relación causa-efecto directa e identificable
Para outros nenos serán preferibles, xoguetes máis lixeiros xa que o neno quererá manipulalos en todos os sentidos e experimentar….... Neste caso deberá atopar xoguetes que lle ofrezan unha manipulación doada sabendo como o vai a utilizar.
3.- Elixa sempre unha relación causa-efecto directa e identificable
O principio é o seguinte: o seu fillo fai unha acción, e pasa algo inmediatamente; esta reacción é facilmente identificable para o neno. Desta maneira, pode facer a ligazón entre o seu xesto e o resultado deste. Se o resultado gustoulle, volverá realizar este xesto polo pracer que lle causou.
Pode ser visual (unha luz que se ilumina ou parpadea), auditiva (unha música, unha canción…) ou táctil (unha vibración) e mesmo olfativa. O importante é que lle guste o bastante para que queira repetilo.
Xogando, aprende a reaccionar sobre a súa contorna. É só o primeiro paso hacia unha comprensión máis amplía de cada xesto, cada elección ten as súas implicacións.
Moi a miúdo compensamos a perda de sensibilidade sensorial coa estimulación doutros sentidos: por exemplo a visión para un deficiente auditivo, o tacto para un deficiente visual, etc.
Ademáis, os nenos non verbais exprésanse a miúdo con mímica, con emocións ou sensacións… Existe tamén unha linguaxe do corpo para explotar con xogos e xoguetes ricos en estimulación sensorial.
5.- Teña sempre presente o respecto do neno
Regale na medida do posible xogos e xoguetes adecuados coa sensibilidade e a idade do neno. Non ceda á tentación de regalar xogos de «bebe» a unha persoa con discapacidade. E preste moita atención á calidade do xoguete.
De maneira xeral, todos os xoguetes están certificados CE. Pero débese ser máis esixente e reflexionar sobre o perfil do neno. Por exemplo, o seu fillo ten 8 anos pero ten tendencia a levar obxectos á boca e morde todo o que cae nas súas mans. Non lle regale pelotas que non estean indicadas para menores de 3 anos xa que poden ser perigosas para el.
Algunhas ideas para a búsqueda de agasallos para nenos con discapacidade motora.
Prioridade respecto a:
FONTE: Hop Toys soluciones para niños excepcionales
Ningún comentario:
Publicar un comentario