VI Concurso de Pintura e Escultura para persoas con discapacidade.
O premio é unha viaxe para dúas persoas a Bruselas
Poden participar todas as persoas con discapacidade que formen parte dos centros educativos e de entidades da discapacidade aragonesas.
Tedes tempo para presentar os traballos antes do 3 de novembro de 2017.
A entrega debe realizarse na sede de CERMI-Aragón de Zaragoza, en horario de 8h a 14h.
Tamén poden enviarse por correo postal ou mensaxería.
O fallo do premio será o 8 de novembro de 2017 e comunicarase vía web do CERMI-Aragón.
O xurado estará formado por persoas de recoñecido prestixio no ámbito da arte e a cultura.
A entrega de premios realizarase o 4 de decembro, con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
O premio?: Unha viaxe para dúas persoas a Bruxelas, con visita ao Parlamento Europeo.
FONTE: validasinbarreras
Ningún comentario:
Publicar un comentario