#Soyvisual, de Tropical.
Ferramenta para estimular a linguaxe oral
Ferramenta para estimular a linguaxe oral
Ao servizo da comprensión cognitiva
#Soyvisual é unha proposta de deseño socialmente dirixida e sen fins comerciais, ao servizo da comprensión cognitiva.
Trátase dunha web que ofrece recursos gráficos, de descarga gratuíta, para a estimulación da linguaxe oral e da comunicación funcional. Este sistema de comunicación aumentativa, baseado en fotografías e láminas ilustradas, foi desenvolvido polo estudo zaragozano, Tropical, co asesoramento de logopedas e profesionais da educación, e o apoio da Fundación Orange. Aínda que a ferramenta foi pensada principalmente para axudar ás persoas con autismo, #Soyvisual é igualmente útil para todo aquel que posúa dificultades coa linguaxe oral.
A web ofrece recursos organizados a partir dun sistema de etiquetas semánticas e incorpora un potente buscador. Pero #Soyvisual conta tamén cunha aplicación para móbiles e tabletas que proporciona unha aprendizaxe máis autónoma mediante actividades como xogos e adiviñas.
En moitos dos seus materiais, #Soyvisual combínase con pictogramas de ARASAAC, o sistema de comunicación baseado en pictogramas recoñecido internacionalmente e que está coordinado e financiado polo Gobierno de Aragón.
#Soyvisual, a ferramenta de Tropical para estimular a linguaxe oral

Joselina Berraz Montyn
FONTE: experimenta
Ningún comentario:
Publicar un comentario