ARTERIA CEREBRAL MEDIA
Sinónimos
Arteria de Silvio ou arteria silviana.
Orixe
É rama da arteria carótida interna, e a súa irrigación sanguínea divídese en dúas porcións, unha porción basal e outra cefálica.
Ramas
Ten o patrón de ramificación máis complexo de calquera das principais arterias cerebrais (Son as arterias que se distribúen na cortiza cerebral. Son tres pares principais de arterias que coas súas ramas irrigan o cerebro: Arteria Cerebral Anterior (ACA, Media (ACM) e posterior (ACP).
Presenta ramas corticais (orbitaria, frontais, parietais e temporais) e centrais (estriadas).
Traxecto
A Arteria Cerebral Media denomínase arteria silviana, porque, tan pronto se desprende da arteria carótida interna, introdúcese na cisura de Silvio.
Ten dúas ramas principais unha rama basilar, que vai a irrigar parte do núcleo caudado e do tálamo. Unha das ramas distales da rama basilar é a que frecuentemente causa a hemorraxia cerebral de Charcot. As ramas da porción cortical van a irrigar gran parte da cortiza cerebral.
Distribución
Distribúese cara á cortiza orbitaria, frontal, parietal e temporal, corpo estriado e cápsula interna.
Patoloxías
A arteria cerebral media a miúdo obstrúese causando hemiparesia (paralización dun lado do corpo), que pode afectar a cara, brazo e perna, así como alteracións sensitivas e visuais.
A arteria cerebral media profúndase na cisura de Silvio para dirixirse cara á ìnsula de Reil; é encargada da irrigaciòn de case a totalidade da cara externa do hemisferio cerebral. Os seus ramos perforantes son importantìsimos; son as chamadas arterias talamoestriadas e divídense nun grupo interno e outro externo. Unha das do grupo externo xeralmente a mais longa e externa, experimenta rotura con tanta frecuencia que se chamou "arteria da hemorraxia cerebral" ou arteria de Charcot.
FONTE: Neurociruxía contemporánea
Ningún comentario:
Publicar un comentario