Quino, é un pai cordobés, que ten un fillo con movilidade reducida. Mergullouse no mundo das adaptacións caseiras cando observou que "as ortopedias e tendas especializadas non ofertan ningunha solución eficaz ou as que propoñen son moi caras ou pouco útiles". A única intención deste pai é a de facilitarlle a vida ao seu fillo, e de paso, aos colectivos que teñen as mesmas ou parecidas dificultades.
Así pois ofrece neste catálogo un conxunto de solucións económicas, eficaces e caseiras que todos desenvolvemos nos nosos fogares para resolver retos diarios na autonomía íntima de persoas con mobilidade e destreza reducida, propias ou dun ser querido: en vestirse, hixiene, comer, colexio,
traballo.....
Inventos e adaptacións caseiras e funcionais para persoas con movilidade e destreza reducidas.
FONTE: Inventos y adaptaciones caseras de QUINO.
Ningún comentario:
Publicar un comentario