A GALIÑA CORADA
Había unha vez, unha galiniña coradiña que atopou un gran de trigo.
- Quen sementará este trigo?, preguntou.
- Eu non- dixo o porco.
- Eu non - dixo o gato.
- Eu non - dixo o can.
- Eu non - dixo o pavo.
- Pois entón- dixo a galiniña coradiñ - fareino eu. Clo-clo!. E ela sementou o granciño de trigo.
Moi pronto o trigo empezou a crecer asomando por riba da terra. Sobre el brillou o sol e caeu a choiva, e o trigo seguiu crecendo e crecendo ata que estivo moi alto e maduro.
- Quen cortará este trigo?" preguntou a galliniña.
- Eu non - dixo o porco.
- Eu non - dixo o gato.
- Eu non - dixo o can.
- Eu non - dixo o pavo.
- Pois entón- dixo a galiniña coradiña - "fareino eu. Clo-clo!". E ela cortou o trigo.
- Quen trillará este trigo? " dixo a galiniña.
- Eu non - dixo o porco.
- Eu non - dixo o gato.
- Eu non - dixo o can.
- Eu non - dixo o pavo.
- Pois entón -dixo a galiniña coradiña - "fareino eu. Clo-clo!". E ela trillou o trigo.
- Quen levará este trigo ao muíño para que o convirtan en fariña? - preguntou a galiniña.
- Eu non - dixo o porco.
- Eu non - dixo o gato.
- Eu non - dixo o can.
- Eu non - dixo o pavo.
- Pois entón - dixo a galiniña coradiña - "fareino eu. Clo-clo!". E ela levou o trigo ao muíño e moi pronto volveu cunha bolsa de fariña.
- Quen amasará esta fariña? - preguntou a galiniña.
- Eu non - dixo o porco.
- Eu non - dixo o gato.
- Eu non - dixo o can.
- Eu non - dixo o pavo.
- Pois entón - dixo a galiniña coradiña - fareino eu Clo-clo!. E ela amasou a fariña e enfornou un rico pan.
- Quen comerá este pan? - preguntou a galiniña.
- Eu! - dixo o porco.
- Eu! - dixo o gato.
- Eu! - dixo o can.
- Eu! - dixo o pavo.
- Pois non - dixo a galiniña coradiña - Comereino EU. Clo- clo!.
E....... ela comeuse o pan cos seus poliños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario