Este manual busca ser unha ferramenta práctica para axudar aos pais e profesores a atender e acompañar o duelo infantil. Por iso, ofrece respostas concretas ás diferentes situacións que poden darse no seo da familia cando fina un ser querido, desde as dúbidas máis habituais (Podo levar ao meu fillo ao tanatorio? Como lle explico unha incineración?), ata os escenarios máis complexos (Debo comunicarlle un suicidio? Cando é necesario buscar axuda terapéutica?).
O manual inclúe tamén un apartado especial sobre como atender o duelo nas persoas que padecen unha discapacidade intelectual e un capítulo dirixido a profesores, para facilitar a atención dos alumnos no colexio, un lugar onde os nenos pasan moitas horas ao día e desde o cal poden recibir un apoio crucial para superar un duelo.
Guía de duelo infantil
FONTE: Patricia Díaz Seoane
Ningún comentario:
Publicar un comentario