QUE FACER NA ESCOLA ANTE UNHA CRISE EPILÉPTICA

 Sería importante que varias persoas do centro estean familiarizadas con elas xa que as crises poden darse en diferentes espazos do centro (comedor, recreo, autobús).

É aconsellable que os compañeiros do neno saiban o que é a epilepsia e que pidan axuda a un adulto se a crise prodúcese sen un preto. O máis acertado é falar abertamente coa colaboración do neno e os seus pais. Algúns pais prefiren que non se saiba que é o seu fillo quen ten epilepsia. Nestes casos, pódese falar da epilepsia en diferentes materias, como en Coñecemento do Medio explicando como funciona o cerebro, en Educación para a Cidadanía, con cursos de primeiros auxilios ou través de contos cos máis pequenos.

Ao finalizar a crise, recoméndase rexistrar información que poida ser relevante para o neurólogo e que será entregada aos pais. 

Outro dos aspectos que nos preocupan aos profesores é saber cando hai que chamar a unha ambulancia. Só será necesario facelo se:
Cremos que é a primeira crise do neno.
Se a crise tónico-clónica dura máis de cinco minutos.
Se se produce unha serie de crise sen que o neno recupere a consciencia entre elas. 
Se o neno férese durante a crise.
Se cremos que pode necesitar atención médica urxente (status epiléptico).
QUÉ FACER ANTE UNHA CRISE EPILÉPTICA NO AULA
Ausencias
  • Rexistrar a hora e frecuencia para comprobar se xurde un patrón.
  • Pasar a información aos pais.
  • Tranquilizar ao alumno.
  • Retomar a tarefa lembrando as instruccións.

Crise tónico clónica
  • Permanecer en calma. 
  • Evitar que o alumno se dane: retirar obxectos.
  • Colocar algo brando baixo a súa cabeza.
  • Non suxetar ou mover ao alumno se non hai perigo.
  • Non poñer nada na súa boca.
  • Axudarlle a respirar colocándoo en posición de recuperación ao rematar a crise.
  • Permanecer con él mientras dure a crise.
  • Se é máis de 5 minutos chamar a unha ambulancia ou administrar o tratamento de emerxencia.
  • Calmar e orientalo. 
  • Decirlle que tivo unha crise e que está seguro.
  • Non darlles nada de comer ou beber ata que non se recupere.
  • O neno pode necesitar un periodo de descanso no colexio ou na casa e incorporarse a clase cando estea preparado.
  • Reistrar e informar aos padis sobre o ocurrido.

Atónicas
  • É recomendable o uso de cascos protectores

Mioclónicas
  • Falar calmadamente e tranquilizar ao alumno.
  • Rexistrar a hora e o número de crise.
  • No caso de terse feito dano tratalo axeitadamente.

Crise parcial simple.
  • Falar calmadamente e tranquilizar ol alumno.
  • Rexistrar a hora e o número de crises.

Crises parciais complexas
  • Non inmovilizar ao alumno.
  • Apartar obxectos perigosos e guialos a zonas seguras.
  • Falar con calma e tranquilizarle.
  • Rexistrar a hora e o número de crises.

FONTE: Oratio Orientation

Ningún comentario:

Publicar un comentario