Lembremos que a tartamudez é un trastorno da comunicación e non un trastorno da linguaxe que está caracterizado por bloqueos no fala que poden ir acompañados de tensión muscular.
Que tipo de exercizos se realizan para mellorar a tartamudez?
Abordaranse desde os seguintes 5 puntos, en termos xerais:
- Relaxación
- Respiración
- Ritmo
- Contorna
- Aspectos psicolóxicos
- Exercicios de relaxación para a tartamudez
O obxectivo da relaxación será que o alumnado tome consciencia do que significa estar ou non relaxado. Estes exercicios axudarán a diminuír a tensión muscular para que o paciente aprenda a controlala.
Existen diversos exercicios de relaxación:
Exercicios de relaxación para nenos con tartamudez.
Relaxación de Koeppen: é unha técnica de relaxación parecida á de Jacobson pero na que predomina a imaxinación para que aos nenos lles sexa máis sinxelo realizalos. O neno imaxina que ten un limón nas mans e que debe espremelo, que é un gato e tense que estirar como el, etc.
Exercicios de respiración para disfemia
O obxectivo destes exercicios de respiración é que o paciente controle e domine a coordinación fono-respiratoria.
A respiración é un proceso moi importante na fonación. As persoas con esta dificultade na fala cortanna por unha mala respiración. A máis adecuada é a costo-abdominal, esta respiración tamén se denomina espiración completa xa que nela interveñen o diafragma, a musculatura abdominal e as costelas. Trabállase deitado. Colocaremos no abdome do paciente un obxecto, un libro por exemplo, para que poida observar a súa respiración, ao ver como sobe e baixa o obxecto. Traballarase primeiro sen fonación, tan só respirar e expirar. Cando o alumno controle a respiración sen son, poderemos comenzar a practicar a respiración coa fala.
Exercicios de ritmo para a tartamudez
A familia de alumnado con este trastorno, é moi convinte que estea implicada no proceso e colaborar na corrección, por exemplo, falándolle con frases curtas, con máis prosodia e control. Ademáis de lembrar deixar tempo ao neno para que exprese o que pensa, sen présas nin abafos
O ritmo deste tipo de alumnado pódese traballar con:
Enmascaramento: enviar un ruído ao oído do alumno/a, de modo que enmascare a súa fala. Esta técnica corta a retroalimentación negativa, oen mal articulan mal.
Fala prolongada: consiste en que o alumno/a alongue as vogais das palabras xa sexa en posición inicial, media ou final.
Fala gesticulada: esta técnica consiste en apoiar a fala en xestos naturais, que faciliten a fluidez verbal. Axuda a facer a conversación máis real e a darlle máis fluidez.
Todos estes exercicios axudan a eliminar os bloqueos do alumnado disfémico, máis adiante. Cando o paciente xa teña interiorizado os exercicios de respiración, relaxación e ritmo, poderemos pasar a exercicios máis complexos aínda que sempre partindo da base da respiración, relaxación e ritmos adecuados.
Exercicios na contorna.
Na intervención do alumnado con disfemia, será de gran axuda fomentar e crear unha contorna adecuada dando pautas á familia, ao colexio en caso de nenos pequenos, e se os nenos son maiores tamén se lle poden dar pautas para que poidan tentar controlala.
É moi importante que cando coñezamos a alguén con problemas da fala deste tipo, lle deamos o tempo suficiente para poder expresarse.
Exercicios do aspecto psicolóxico para a tartamudez
Estes exercicios sería convinte que foran traballados polo orientador a través dun programa que lle axude a fomentar unha adecuada imaxe de si mesmo, facéndolle ver os seus puntos fortes así como alentalo hacia o esforzo e mellora diarios. Debemos darlle estratexias para axudalo a diminuír a ansiedade, desenvolver seguridade en si mesmo, aumentar a autoestima, etc.
Outros exercicios ou recomendacións
- Durmir 8 horas diarias.
- Non comer alimentos picantes.
- Non inxerir en bebidas estimulantes; café, coca-cola, té, etc.
- Non ver demasiados debuxos ou películas agresivas xa que adoitan xerar unha gran tensión.
- Se coñecemos a algunha persoa con este trastorno da fala, sexa adulto ou neno lembremos:
"É máis importante fixarse no que a persoa está a dicir que en como o está a dicir."
- Hai que ter paciencia deixando que se exprese tranquila e relaxadamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario