BOTELLAS SENSORIAIS FERRAMENTA DE ESTIMULACIÓN

As botellas sensoriais son botellas de plástico que enchemos con obxectos que estimulan a curiosidade dun neno. Poden ser educativas, temáticas ou simplemente para a diversión. 

Se as temos recheas con auga e obxectos que se moven no seu interior ao axitar, conseguimos un efecto calmante ao colocalas sobre unha mesa e ver como os obxectos se recolocan ao "caer".

Se as axitamos diante da mirada do neno, podemos lograr seguimento cos ollos e/ou propiciar que estendan os seus brazos para collelas.

Hai innumerables formas de facelas. A continuación se vos ofrecen moitos modelos moi fáciles de facer, grazas á colaboración das Hierbitas. Podemos facelas con auga ou secas.



FACER BOTELLAS SENSORIAIS
Comeza cunha botella de plástico limpa, baleira. Retira a etiqueta, garda a tapa. Unha vez que enchas a botella, pega a tapa na parte superior con pegamento branco ou quente. Coloca cinta ao redor da tapa para maior seguridade despois de que o pegamento se secara.

IDEAS DE USO
Enche unha cesta cunha ampla variedade de botellas sensoriais, e colócaa nun centro de xogos ou de aprendizaxe. Ou ben, fai só unha para que o neno poda comprender mellor un aspecto que lle esteas ensinando: na lección sobre o océano, por exemplo, pode ilustrarse cunha botella sensorial de onda ou unha botella chea de area e pequenas cunchas. Anima aos nenos a rodar, axitar e explorar as botellas.
Tamén podes reforzar os conceptos numéricos, letras e cores pedindo ao neno que conte o número de canicas dunha botella, ou que atopen artigos na botella que comecen con unha letra determinada......
                                                                                                           FONTE: El sonido de la hierba al crecer


E..... se queres facer unha botella sensorial magnética pica AQUÍ
FONTE: El aula de los soles




Ningún comentario:

Publicar un comentario