CURSOS EN LIÑA DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN - 1ª EDICIÓN 2017 // CONGRESO INTERNACIONAL DE ED. INCLUSIVA 2017


Cursos en línea del Ministerio de Educación - 1ª Edición 2017


Xa está aberto o prazo para realizar a inscrición nos cursos en liña tutorizados que convoca o Instituto Nacional de Tecnoloxías Educativas e Formación do Profesorado (INTEF). Trátase da primeira edición de 2017. O prazo está aberto ata o 24 de xaneiro e os cursos comezan o 9 de marzo. Podes ver a relación de cursos na seguinte ligazón, e coñecer a convocatoria e ampliar información AQUÍ. 




Congreso Internacional de Educación Inclusiva - Abril 2017


Os días 3, 4 e 5 de abril de 2017 celebrarase en Oviedo o XIV Congreso Internacional de Educación Inclusiva. Un evento que propiciará o encontro de profesionais, estudantes, entidades e asociacións interesados nos novos enfoques e prácticas innovadoras inclusivas. Durante os tres días exporanse diferentes tipos de actividades: conferencias, paneis de experto, mesas de experiencia, etc. a cargo dalgúns dos profesionais máis destacados do panorama educativo nacional e internacional (Tony Boot, Francesco, Tonucci, Anabel Cornago, César Bona, etc.) Podes acceder á web do congreso para ampliar información na seguinte LIGAZÓN. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario