PREMIO PRINCESA DE ASTURIAS DE INVESTIGACIÓN 2017 AO CIENTÍFICO DAS PERNAS BIÓNICAS

O investigador do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts, HUGH HERR, é considerado como o líder mundial da biomecánica e conta con máis de setenta patentes ao seu nome

Hugh Herr, enxeñeiro e biofísico do Instituto Tecnolóxico de Massachussets (MIT), é o novo Premio Princesa de Asturias de Investigación Científica e Técnica. O xurado valorou a súa contribución no desenvolvemento de sistemas robóticos para mellorar a capacidade física do ser humano.
Herr, de 51 anos e nado en Pensilvania (EE.UU), dirixe o Biomechatronic Group no Media Lab do MIT, onde desenvolveu as que foron cualificadas como "as próteses máis sofisticadas do mundo".
A candidatura de Hugh Herr foi proposta por Robert Langer, Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica en 2008.

Líder mundial en biónica e biomecánica
Á idade de 17 anos, Hugh Herr sufriu a amputación de ambas pernas tras sufrir a conxelación dos seus membros durante unha ascensión na montaña. Como consecuencia desta experiencia, dirixiu o seu esforzo e talento a tratar de mellorar a mobilidade das persoas con discapacidade. Incluso deseñou el mesmo, unhas pernas especiais que lle permiten seguir practicando a escalada.
O xurado destaca as novas liñas de investigación abertas por este biomecánico, que deron lugar a unhas próteses "intelixentes" que aceleran a fusión entre o corpo e a máquina.

Os seus métodos abarcan un conxunto de disciplinas científicas e tecnolóxicas, desde a ciencia biomecánica e do control dos movementos biolóxicos ata o deseño de dispositivos biomédicos.
FONTE: La cuarta columna

No hay comentarios:

Publicar un comentario