BÓ NADAL

"A discapacidade non está nas persoas faltas dunha parte do seu corpo, está na mente de moitas que se din sás". Marithe Lozano



................ AT. Á DIVERSIDADE DESDE AS FUNCIÓNS DO PT E AL


Neste artigo, elaborado por D. Manuel Torres, Inspector Xefe de Educación e publicado en EDUGA, o autor fai un repaso sobre o discurso actual da atención á diversidade e unha exposición, apoiada na lexislación vixente, do tratamento da atención á diversidade nos centros educativos da Comunidade Autónoma, aclarando as funcións de PT e AL como profesorado de apoio. Artigo moi clarificador. Grazas.







"La uniformidad es la muerte; la diversidad es la vida" (Mijail A. Bakunin)

AXUDAS TÉCNICAS, AS GRANDES DESCOÑECIDAS

OBRADOIRO. GRABADORA DIXITAL ADAPTADA A UN PULSADOR. CEAPAT (VI)

Roberto Gaitán

OBRADOIRO. ADAPTACIÓN E PRODUCTOS DE APOIO CASEIROS (III)

Natividad García Villazala e María de Pablos Salgado.



OBRADOIRO. ADAPTACIÓN E PRODUCTOS DE APOIO CASEIROS (II)


Natividad García Villazala e María de Pablos Salgado.

OBRADOIRO. ADAPTACIÓNS E PRODUCTOS DE APOIO CASEIROS (I)


Natividad García Villazala e María de Pablos Salgado 

EXPOSICIÓN DE PRODUCTOS DE APOIO. CEAPAT


OBRADOIRO. ADAPTADOR BUCAL. CEAPAT. (V)


ROBERTO GAITÁN y JULIÁN CARABAÑA nos ensinan.

OBRADOIRO. ADAPTACIÓN DUN COMUNICADOR. CEAPTAT. (IV)


ROBERTO GAITÁN y JULIÁN CARABAÑA nos ensinan.

OBRADOIRO. ADAPTACIÓN DUN XOGUETE PARA DM. CEAPAT. (III)


ROBERTO GAITÁN y JULIÁN CARABAÑA nos ensinan.

OBRADOIRO. ADAPTACIÓN DUN PULSADOR. CEAPAT. (II)



ROBERTO GAITÁN y JULIÁN CARABAÑA nos ensinan.

OBRADOIRO. ADAPTACIÓN DUN RATO PARA PROGRAMAS DE BARRIDO. CEAPAT. (I)

Esta fin de semá celebrouse en Vigo o Congreso de TADEGA. Neste vídeo amosarei a explicación paso a paso do proceso de adaptación dun rato, conectándolle un pulsador, para que poda ser utilizado en programas de barrido. Foi impartido nun obradoiro moi interesante, por un profesional do CEAPAT, por iso, traémolo ata aquí por si alguén quere practicar. É moi sinxelo


ROBERTO GAITÁN y JULIÁN CARABAÑA nos ensinan.

CEAPAT. PRODUCTOS DE APOIO ELABORADOS POLOS USUARIOS

Nesta páxina web, CEAPAT ofrece ideas de adaptacións e axudas caseiras elaboradas por persoas con discapacidade ou redes de axuda, ou, por persoas maiores con dificultade para o movemento




TRAILER DOCUMENTAL "Línea de meta". SÍNDROME DE RETT


Josele é un pai que corre maratóns nacionais e internacionais empurrando do carro da súa filla MARÍA, enferma de Síndrome de Rett. O seu obxectivo: cruzar a Liña de Meta e así dar a coñecer a enfermidade de María e a de miles de nenos e nenas que sufren enfermidades pouco frecuentes, sen cura e sen tratamentos efectivos, ante a mirada das multinacionais farmacéuticas e os gobernos, cuios enfernos non son rentables para o "sistema". 
FONTELiña de Meta

URXENCIAS SANITARIAS E ATENCIÓN EDUCATIVA AO ALUMNADO CON ENFERMIDADE CRÓNICA

Decreto 229/2011 de 7 de decembro polo que se regula a atención á diversidade.


A atención educativa nun contorno inclusivo e normalizado e a aceptación das condicións de saúde como aspectos que acompañan a persoa ao longo da vida, deben ser un obxectivo prioritario. Esta tarefa compételle á totalidade da comunidade educativa.


 A resposta educativa que require o alumnado con enfermidade crónica ou que sofre lesións como resultado dun accidente, durante un período en que non pode asistir ao centro educativo, concrétase na atención educativa hospitalaria e domiciliaria (Decreto 229/2011) garantíndose o retorno ao centro educativo en condicións de normalidade cando as condicións de saúde o permitan. Esta atención educativa terá por finalidade a continuidade do proceso formativo do alumnado que, por prescrición facultativa, debido a enfermidade ou lesión, non poida asistir con regularidade ao centro por un período prolongado de tempo.
A escolarización é un factor importante no desenvolvemento psicomotor, afectivo, cognitivo e social da persoa, especialmente en situacións nas que se ten que facer fronte á enfermidade. 
 A enfermidade é un dos factores que poden alterar o desenvolvemento ordinario da vida do alumnado. O impacto dunha enfermidade de media ou larga duración pode afectar ao proceso de socialización e formación, chegando incluso a condicionar o logro de aprendizaxes escolares. escola non pode nin debe permanecer allea a esta realidade da vida diaria de moitos nenos e nenas e do seu contorno. 

ATENCIÓN AO ALUMNADO DIABÉTICO

É unha das enfermidades crónicas máis frecuentes da infancia. 
Maniféstase por niveis de glicosa en sangue elevados, por enriba dos límites normais debido á insuficiente produción ou actuación da insulina.

Addenda Diabete Completo

A diabete, como calquera outra enfermidade crónica na infancia, non ten que ser un obstáculo para a efectiva inclusión de todo o alumnado na vida escolar e social. A día de hoxe, os avances médicos na abordaxe da diabete complementados cunha axeitada educación terapéutica, fan posible a plena integración do alumnado con diabete no sistema educativo en condición de plena normalidade.

A asistencia á escola de nenos e nenas con patoloxías específicas fai necesario o desenvolvemento dunha estreita colaboración entre os servizos sanitarios e a consellería con competencias en materia de educación, nos termos previstos no Acordo Marco de Colaboración subscrito pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Sanidade para o Desenvolvemento de Actuacións Conxuntas de Promoción e Protección da Saúde na Escola

MATERIAIS ESPECÍFICOS RELACIONADOS COA MANIPULACIÓN

Ao inicio da manipulación do noso alumnado DM, faremos as seguintes valoracións: 
  • Amplitude de movementos nos MMSS
  • Man que utiliza preferentemente.
  • Uso da man non dominante (como apoio, por exemplo).
  • Coordinación entre ambas manos (pode coordinalas?).
  • Colle un obxecto e sóltao (pode facelo?).
  • Desplazar pezas por arrastre (pode?).
  • Sinalización: con man pechada, con man aberta, con varios dedos, co dedo índice…
  • Tipo de prensión que realiza: esférica, cilíndrica, pinza… 

PRENSIÓN DOS ÚTIS DE ESCRITURA


Prensión coa man 



Presión sobre o papel.

Precisa adaptadores para os utis de escrita.
adaptadores para utis de escrita e pintura

                         



Tixeiras



Pode usar equipo informático  estándar. Acceso ao teclado e ao ordenador.
                                   
  
  


DÍA INTERNACIONAL DA DISCAPACIDADE

A mitade dos españois recoñece sentir incomodidade ao relacionarse cos discapacitados.

Un 40 % nunca iniciou unha conversa cunha persoa con discapacidade.


PROTOCOLO DE ATENCIÓN DOMICILIARIA

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ven de presentar o protocolo de Atención Educativa Domiciliaria coa finalidade de establecer pautas que guíen o proceso da atención educativa daquel alumnado que por circunstancias de saúde deba permanecer no seu domicilio, non podendo asistir con regularidade ao centro docente. 
 De Atención Domiciliaria

Susténtase nas seguintes referencias normativas:


  • Lei orgánica 2/2006, de 3 de maio, de educación, segundo a redacción dada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.
  • Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade.
  • Orde do 27 de decembro de 2002 pola que se establecen as condicións e criterios para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de ensino non universitario con NEE, regula a atención educativa hospitarlaria e domiciliaria, e o procedemento para a mesma.
  • Decreto 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o curriculo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da E.S.O. e do bacharelato en Galicia