URXENCIAS SANITARIAS E ATENCIÓN EDUCATIVA AO ALUMNADO CON ENFERMIDADE CRÓNICA

Decreto 229/2011 de 7 de decembro polo que se regula a atención á diversidade.


A atención educativa nun contorno inclusivo e normalizado e a aceptación das condicións de saúde como aspectos que acompañan a persoa ao longo da vida, deben ser un obxectivo prioritario. Esta tarefa compételle á totalidade da comunidade educativa.


 A resposta educativa que require o alumnado con enfermidade crónica ou que sofre lesións como resultado dun accidente, durante un período en que non pode asistir ao centro educativo, concrétase na atención educativa hospitalaria e domiciliaria (Decreto 229/2011) garantíndose o retorno ao centro educativo en condicións de normalidade cando as condicións de saúde o permitan. Esta atención educativa terá por finalidade a continuidade do proceso formativo do alumnado que, por prescrición facultativa, debido a enfermidade ou lesión, non poida asistir con regularidade ao centro por un período prolongado de tempo.
A escolarización é un factor importante no desenvolvemento psicomotor, afectivo, cognitivo e social da persoa, especialmente en situacións nas que se ten que facer fronte á enfermidade. 
 A enfermidade é un dos factores que poden alterar o desenvolvemento ordinario da vida do alumnado. O impacto dunha enfermidade de media ou larga duración pode afectar ao proceso de socialización e formación, chegando incluso a condicionar o logro de aprendizaxes escolares. escola non pode nin debe permanecer allea a esta realidade da vida diaria de moitos nenos e nenas e do seu contorno. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario