É unha das enfermidades crónicas máis frecuentes da infancia.
Maniféstase por niveis de glicosa en sangue elevados, por enriba dos límites normais debido á insuficiente produción ou actuación da insulina.
A diabete, como calquera outra enfermidade crónica na infancia, non ten que ser un
obstáculo para a efectiva inclusión de todo o alumnado na vida escolar e social. A día de
hoxe, os avances médicos na abordaxe da diabete complementados cunha axeitada
educación terapéutica, fan posible a plena integración do alumnado con diabete no
sistema educativo en condición de plena normalidade.
A asistencia á escola de nenos e nenas con patoloxías
específicas fai necesario o desenvolvemento dunha estreita colaboración entre os servizos
sanitarios e a consellería con competencias en materia de educación, nos termos previstos
no Acordo Marco de Colaboración subscrito pola Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria e a Consellería de Sanidade para o Desenvolvemento de
Actuacións Conxuntas de Promoción e Protección da Saúde na Escola.
Ningún comentario:
Publicar un comentario