PANDEMIA-DESESCALADA. LER ...........OU CONTAR UN CONTO. BENEFICIOS DE CONTAR CONTOS AOS NENOS


Cales son os beneficios que ten contar contos aos nenos?

1. Estimulan a linguaxe. En cada conto, os nenos descobren novo vocabulario e aprenden diferentes expresións. Pouco a pouco, irán lembrando as frases e os momentos craves de cada historia. Isto axudaralle tanto na súa iniciación á lectura como en que aprendan a ler mellor.

2. Aprenden sobre as súas emocións. Os contos danlles a oportunidade de identificarse cos personaxes, desta forma aprenderán tanto a identificar emocións como a expresalas.

Así mesmo, é unha boa oportunidade de comezar a  empatizar, poñéndose no lugar do personaxe, descubrindo o que pensa e sente. Os exemplos de conduta, guiaranlles na forma correcta de enfrontarse a unha situación onde ten medo, ou tristeza.

3. Reflexionan. A través das historias, os nenos comprenden a realidade e reflexionan sobre o que lles estamos contando. Os nenos aprenderán a comportarse segundo os valores que están a aprender.

4. Exercitan a memoria e a atención. Unha das grandes vantaxes das historias é que fan que os nenos empecen a exercitar a súa memoria desde pequenos. Repetir unha e outra vez unha historia axúdalles a comprender todos os detalles, a sentirse máis seguro de si mesmo e a traballar a súa memoria para lembrala.

Ademais, durante o período que se dedica á lectura do conto, o neno focaliza a súa atención no que está a ocorrer, xa que ten que prestar atención á situación inicial e reter os datos para comprender a historia no seu conxunto.


FONTE: aprendices visuales

Ningún comentario:

Publicar un comentario