Como podemos orientar para lograr transformacións reais con incidencia nos procesos de ensino-aprendizaxe?
- Creando ambientes e escenarios para promover a reflexión e o cambio de mirada, desde unha ética e compromiso compartido, creando vínculos baseados no coidado e respecto mutuo, liderando faladoiros literarios sobre ética, inclusión, calidade de vida…
- Creando estruturas sólidas e sostibles orientadas á mellora da educación, a unha educación de calidade, liderando círculos de reflexión con docentes abertos a coñecer a evidencia do impacto que as prácticas educativas teñen sobre o alumnado. Docentes que coñecen e analizan as evidencias de aprendizaxe, que se cuestionan, que se autoevalúan e coevalúan para mellorar a súa práctica docente.
- Tecendo redes de colaboración EN e COA comunidade, promovendo a permeabilidade en todas as dimensións educativas (culturas, políticas e prácticas) e con todos os axentes educativos, liderando comisións mixtas que leven a revisar a educación como un ben común que promove a equidade e a igualdade na educación, eliminando a brecha educativa.
- Creando espazos (presenciais, virtuais, mixtos) de formación para docentes e familias, sobre apoio psicosocial e emocional, sobre as evidencias na educación, sobre DUA, sobre itinerarios formativos que promovan o desenvolvemento dunha educación escolar máis inclusiva.
- Difundindo e visibilizando as prácticas inclusivas que levan a cabo na orientación.
O rol da orientación na escola inclusiva é axudar a crear novos modos de facer, de sentir e vivir a escola, transformando non só a educación, senón a vida das persoas.
FONTE: Coral Elizondo
Ningún comentario:
Publicar un comentario