CONTO INFANTIL PARA CONCIENCIAR SOBRE A VIOLENCIA CONTRA A INFANCIA CON DISCAPACIDADE

Violencia é calquera dano físico, mental ou emocional que impide o desenvolvemento normal do neno e o seu benestar físico e psicolóxico.


O obxectivo principal de Save the Children consiste en evidenciar o problema da violencia contra a infancia con discapacidade como unha secuela para erradicar na nosa sociedade, que provoca graves consecuencias nos nenos e nenas, a través dun material didáctico.


O conto 'Marcela, a inventora de palabras' diríxese a nenos e nenas con ou sen discapacidade e ás súas familias, para concienciar sobre este problema social e contribuír a eliminar os estereotipos habitualmente asociados á infancia con discapacidade. Ademais, o conto está pensado tamén para contribuír a que as nenas e nenos con discapacidade saiban identificar as violencias e poder pedir axuda.



A continuación amosamos o conto de Marcela en lingua de signos.



É un proxecto de  Save  the  Children en colaboración co  CERMI (Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade).

                                                                                                        FONTE: Save the Children. CERMI

Ningún comentario:

Publicar un comentario