Primaria e primer ciclo secundaria
Comezamos coa nosa tradicional recomendación de lecturas para o noso alumnado durante a época de verán 2019-2020, relacionadas con discapacidade motora. Tamén podemos atoparnos algunha lectura interesante acerca de discapacidade intelectual
Os contos son unha maneira de sensibilizar aos nenos sobre moitos temas e tamén sobre as distintas condicións de discapacidade. Búscamos resaltar as posibilidades e capacidades destas persoas, co obxectivo de romper os diferentes estereotipos nos que se enmarca ás persoas con discapacidade.
Desta maneira, os nenos comprenderán a discapacidade dunha maneira natural, saberán como relacionarse con compañeiros con necesidades educativas especiais nas súas aulas e fóra delas. Cando sexan adultos verán a discapacidade como algo natural.
A través dos contos trátase de fomentar a empatía, ensinámoslles a comprender e valorar as diferenzas, a entender a diversidade e o que nos aporta.
Desta maneira potenciaremos a solidariedade e crearemos un clima de confianza e seguridade dos nenos #ante a presenza doutras persoas con discapacidade desde a infancia.
Editorial: Federación Española de Asociaciones de Espina Bífida e Hidroceflia y Fundación solidario Carrefour
Tema: Espina Bífida
Resumen: Tras aprobar os seus exames Pepe decide organizar unha festa cos seus amigos na que coñece a unha moza que acaba gustándolle. Ao longo da historia, pónsenos de manifesto as dificultades coas que se atopan os mozos con espiña bífida, os seus medos, o rexeitamento social ao que se enfrontan ou a falta de accesibilidade na contorna. Todo iso rodeado, como non pode ser doutra maneira, do valor da amizade e o respecto ás diferenzas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario