SESIÓN DE CINE. 8 PELÍCULAS MOI INTERESANTES. PANDEMIA.

Nestes momentos de confinación, pode ser boa idea un acercamento ao complexo mundo das persoas con mobilidade reducida e a súa contorna. 
A continuación déixovos 12 películas relacionadas co tema principal do noso blog.
Aparecen en orde cronolóxico, título orixinal e país/ano de realización

Margarita with a Straw (India, 2014)


Laila é unha moza hindú cunha afección cerebral que afecta tamén ao seu corpo, pero isto non lle impide comezar unha vida independente en  Nova York, o que será unha gran aventura e encontro con ela mesma.  


When I Walk (EUA, 2013)
Autodocumental do cineasta Jason  DaSilva, que aos 25 anos comeza a presentar os síntomas de esclerose múltiple, a cal día a día se apodera do seu corpo pero non da súa vida. Dispoñible en  Netflix.

The Sessions (EUA, 2012)

Mark O’Brien poeta e periodista tetrapléxico e cun pulmón de aceiro, decide aos seus 38 anos  deixar de ser virxe. Non sería complicado, de non ser pola súa delicada condición física. Pero para  Cheryl, será todo un reto profesional



Sympathy for Delicious, (EUA, 2010)





Dean ‘Delicious’ O’Dwyer debe lidar coa súa  indixencia, a súa recente discapacidade e cun estraño e incomprensible don que o sacerdote Joe esíxelle aproveitar en ben dos demais. 

Le Scaphandre et le Papillon (Francia, 2007)

Inspírase na novela "A  escafandra e a bolboreta" escrita por Jean Dominique  Bauby por mor dun accidente (1995) que o introduciu no mundo do " Locked  in  Syndrom" (encerrado en si mesmo). 
No cumio do seu éxito profesional, Jean-Dominique, sofre unha embolia que o deixa totalmente paralizado, sen poder comer, falar, nin respirar sen asistencia, o antigo redactor xefe da revista "Elle" dita letra por letra, movendo só a pálpebra esquerda, unha especie de viaxe inmóbil.


Rory O'Shea Was Here (I’m Dancing) (Irlanda, 2004)
Michael resignouse a unha vida tranquila na Residencia para Discapacitados  Carrigmore, ata que o díscolo  Rory O´Shea entra en escena.  Rory ten un plan que lles permitirá darlle a volta ao sistema e conseguir o seu propio piso, a pesar de que ambos están confinados a unha cadeira de rodas. Coa axuda dunha amiga, emprenderán unha experiencia inesquecible. A amizade e independencia recentemente conquistadas ofreceralles a vida en bandexa, aínda que non sen consecuencias imprevistas.....



Mar adentro (España, 2004)
Ramón é un mozo cheo de enerxía, ata que lle sucede unha traxedia que cambiará o seu destino, volvéndoo incapaz mesmo de quitarse a vida. Entón, coñece a Julia, quen defenderá o seu dereito para decidir.


Nationale 7 (Francia, 2000)


A rutineira vida nunha residencia para persoas discapacitadas dará un xiro de 180 graos cando un  empático coidador escoita a esixencia dun dos internos. A revolución chega cando outros se decatan…




Ningún comentario:

Publicar un comentario