PANDEMIA. CORONAVIRUS EN LECTURA FÁCIL





Que é o coronavirus?

O coronavirus é unha familia de virus que se contaxia e causa enfermidadesOs coronavirus normalmente contáxianse entre animais. O novo coronavirus contáxiase tamén entre as persoas.

Contaxiar unha enfermidade é cando a enfermidade pasa dunhas persoas a outras. 
Moitas persoas xa están enfermas por coronavirus en todo o mundo.







dous sanitarios con bata, máscaras e cartafoIs combatendo o  coronavirus. Este novo tipo de coronavirus é moi contaxioso e fai enfermar
a moitas persoas.








Este coronavirus chámase:  COVID-19.

O primeiro caso dun enfermo con  COVID-19 foi o pasado mes de decembro na China.

As persoas con  COVID-19 senten coma se tivesen gripe ou catarro.

Pero, a enfermidade afecta a cada persoa dunha forma diferente.

As persoas máis débiles poden ter síntomas máis graves.

Os principais síntomas do  COVID-19 son:

  • Febre. Temperatura do corpo alta.
  • Tose.
  • Dificultade para respirar.

Que persoas deben ter máis coidado?

As persoas que teñen máis perigo de contaxiarse son:

Maiores de 60 anos.
Persoas con outras enfermidades.

Deben ter especial coidado persoas con enfermidades:

* Do corazón.
* Tensión alta.
* Diabetes.
* Respiratorias.
* Cancro.

A enfermidade de coronavirus pode contaxiarse a calquera persoa.

As persoas con saúde máis débil contáxianse antes e teñen síntomas máis graves.

As mulleres embarazadas tamén deben ter coidado.


Prevención contra o coronavirus

A prevención é a forma de protexernos do contaxio por coronavirus.

O  COVID-19 contáxiase destas formas:

* Polo aire. Se unha persoa enferma  tose ou esbirra solta pingas polo nariz e a boca.
Se respiramos esas pingas pódennos contaxiar.

* Por contacto. Ao tocar as mans ou cousas que tocase unha persoa enferma. Se despois tocámonos os ollos, o nariz ou a boca podemos enfermar.

Os médicos din que tentes estar a 1 ou 2 metros dunha persoa enferma.

Un metro é unha distancia duns tres pés.
Para coidarte e non contaxiarte segue estes consellos:

* Lávate moi ben as mans.
Con auga e xabón ou con desinfectante con alcol.
* Afástate polo menos 1 metro das persoas que  tosen.
* Non te toques o nariz, a boca nin os ollos coas mans.
* Non biques nin abraces a outras persoas.
* Non saias de casa se non é necesario.
* Non esteas en lugares con moita xente.
* Se necesitas ir facer a compra ou á farmacia ponte lonxe doutras persoas. Polo menos a 1 ou 2 metros doutras persoas. 

O Ministerio de Sanidade fixo uns carteis para explicar como lavarte ben as mans.

Aquí mostramos o cartel e os seus consellos para lavarte ben as mans.

O cartel di Así me lavo ben as mans!:

* Móllome as mans con auga e xabón.
* Xabónome moi ben a palma, o dorso entre os dedos e as uñas.
* Aclárome ben os restos do xabón e se é necesario repito o proceso.
* Sécome ben cunha toalla de papel.
Só tárdanse 40 segundos en lavarse ben as mans.

Como coidas aos demais?

* Se toses  tapate cun pano ou co brazo. Logo, tira o pano ao lixo enseguida.
* Se tes tose, febre ou dificultade para respirar chama ao médico.
Os médicos diranche o que tes que facer.
Queda só na túa habitación para non contaxiar aos demais.
Se tes que ver a outras persoas, ponte unha máscara.
* Se estás enfermo evita o contacto directo con outras persoas.
Non abraces, nin biques a outras persoas, podes contaxiarlles.
* Se estás a coidar a unha persoa que ten a enfermidade podes usar máscara.
As máscaras de papel só pódense usar unha vez. Logo tes que tirar esas máscaras ao lixo.

Tratamento da enfermidade

Aínda non hai un tratamento para curar a enfermidade causada por  COVID-19.

Os médicos usan medicinas para mellorar os síntomas.

Os médicos din que non se deben usar antibióticos.

Que é a corentena? 

A corentena é o tempo que as persoas están illadas para previr  contaxios dunha enfermidade.
As persoas deben estar na casa.

Non deben visitar a familiares ou amigos noutras casas.

Non poden saír ata que termine o tempo de corentena.

Ao contaxiarche por  COVID-19 pasan uns días ata que tes síntomas.

Unha persoa pode estar enferma e estar ben ao principio.

Pero durante eses días esa persoa enferma xa pode contaxiar aos demais.

Os días desde que te contaxias ata que tes síntomas chámase “período de incubación”.

Os médicos din que unha persoa con  COVID-19 pode tardar en ter síntomas entre 1 e 14 días.

O normal é que unha persoa con  COVID-19 teña síntomas aos 5 días do contaxio.

Corentena en España

Os gobernos de moitos países puxeron en corentena aos cidadáns do país.

Durante a corentena as persoas non poden saír das súas casas.

En España estamos en Estado de Alarma polo coronavirus.

O Estado de Alarma é necesario para que esteamos en corentena.

Pecháronse colexios, bares, restaurantes e hoteis.

O presidente do Goberno dixo que non debemos saír de casa.

Así evitamos contaxiarnos e contaxiar aos demais.

Só pódese saír de casa para:

* Ir ao médico.
* Ir comprar ao supermercado, a farmacia, o estanco ou tinturerías.
* Ir traballar se é necesario.
* Pasear ao can.
* As persoas con discapacidade se o necesitan pola súa saúde.
Por exemplo, hai persoas que necesitan pasear.

As persoas con discapacidade que necesiten saír de casa deben levar a súa tarxeta de discapacidade para ensinarlla á policía.

Tamén poden levar un informe do médico que poña que teñen que saír.

A xente que non cumpre a norma e sae de casa sen motivo ten que pagar unha multa.

A Policía vixía ás persoas para que cumpran a corentena e queden nas súas casas.

A corentena comezou o día 14 de marzo.

A corentena de momento, alóngase ata o 11 de abril.

As persoas con enfermidades crónicas non teñen que ir ao ambulatorio
a por as súas receitas.

As receitas das medicinas renóvanse na tarxeta automaticamente.

Así se evitan máis  contagios.

Teléfonos de atención sobre coronavirus

Se tes febre ou tose quédache na casa e chama ao teléfono da túa comunidade sobre coronavirus:
  • Andalucía. 900 400 061 / 955 545 060.
  • Aragón. 976 696 382.
  • Asturias. 900 878 232/ 984 100 400 / 112 y marcar el 1
  • Canarias. 900 112 061.
  • Cantabria. 900 612 112.
  • Castilla-La Mancha. 900 122 112.
  • Castilla y León. 900 222 000.
  • Cataluña. 061.
  • Comunidad de Madrid. 900 102 112.
  • Comunidad Valenciana. 900 300 555.
  • Ceuta. 900 720 692.
  • Extremadura. 112.
  • Galicia. 900 400 116.
  • Islas Baleares. 061.
  • La Rioja. 941 298 333.
  • Melilla. 112.
  • Murcia. 900 121 212.
  • Navarra. 948 290 290.
  • País Vasco. 900 203 050.
FONTE: Traducido de discapnet. ONCE

Ningún comentario:

Publicar un comentario