Estamos a vivir circunstancias moi especiais confinados nos nosos domicilios. Aproveitemos esta circunstancia para aprender a través de películas cheas de ensinanzas e valores, relacionadas con algún tipo de disfuncionalidade.
XUNTAS E XUNTOS VENCEREMOS!.
1. «Yo antes de ti» (2016)
Lou é unha moza amable e creativa que vive sen un obxectivo claro, traballando de lugar en lugar para financiar á súa familia. O seu novo traballo consiste en coidar a Will Traynor, un mozo rico que quedou paralítico nun accidente.
2. «Amigos intocables»(2011)
Driss é un inmigrante dun barrio baixo que non ten respecto por nada nin ninguén e dalgunha forma consegue o traballo de coidador de Philippe, un millonario que quedou tetrapléxico. Unha extrana parella que se mergulla en miles de aventuras.
3. «La teoría del todo» (2014)
Narra a relación de Stephen Hawking e a súa primeira esposa, Jane. Verémolos pasar pola época de estudantes en Cambridge, ao comezo da enfermidade do famoso científico, a creación da súa familia e unha chea de adversidades.
4. «Una razón para vivir» (2017)
Robin e Diana son unha parella de namorados. Toda a súa vida cambiará cando el quede paralizado pola polio. Xuntos deberán atopar unha fórmula para ser felices.
5. «Mi nombre es Sam» (2001)
Sam ten discapacidade intelectual e quere facerse cargo da súa pequena filla. Para isto ten unha prestixiosa avogada que o defenderá ante o Estado e que se irá decatando da pouco do amor incondicional que Sam ten pola súa filla e do determinado que está a loitar por ela.
6. «Forrest Gump» (1994)
Forrest Gump ten unha leve discapacidade intelectual. Será protagonista da guerra de Vietnam grazas á súa tenacidade e bo corazón e sempre terá na súa mente a Jenny, o gran amor da súa infancia.
7. «De óxido y hueso» (2012)
Ali ten que facerse cargo do seu fillo Sam, a quen case non coñece. Para isto busca a axuda da súa irmá que os acolle cariñosamente. Alí coñece a Stephanie, unha domadora de orcas que tras o seu encontro, sofre un accidente e perde as pernas. Tempo despois atópanse e Ali fará o posible por axudala na súa recuperación.
8. «Nunca me dejes sola» (2014)
Kate é unha exitosa pianista. Cuando lle diagnostican ELA contratan a Bec como a súa coidadora, quen a acompañará durante todo o proceso.
FONTE: Fernanda Vallejo
Ningún comentario:
Publicar un comentario