¿Qué puedo hacer cuando me da miedo irme a la cama?: Un libro para axudar aos nenos a superar os seus problemas para durmir
Esta guía infantil ensina aos nenos a superar, coa axuda dos seus pais, os seus problemas para irse á cama (pesadelos, deitarse tarde, problemas para relaxarse
) e conseguir así que durman o suficiente e de maneira autónoma. O libro utiliza unha linguaxe adaptada aos nenos, ilustracións atractivas e varias actividades pedagóxicas para que os nenos aprendan as técnicas cognitivo-conductuais que lles permitirán superar os seus medos para irse a durmir. Consideramos que son libros de gran axuda.
¿Qué puedo hacer cuando refunfuño demasiado?
Esta obra axuda aos nenos e aos seus pais para comprender as técnicas cognitivo-conductuais máis usuais nos tratamentos contra o negativismo.O emprego de metáforas e ilustracións atractivas permite que os nenos vexan os obstáculos desde outra perspectiva e os exercizos de debuxo e escritura axúdanlles a adquirir novas habilidades para superar eses obstáculos.
As instrucións que se van dando paso a paso indican o camiño para que os nenos (e os seus pais) poidan ser máis positivos e felices.
¿Qué puedo hacer para vencer mis manías?: Un libro para axudar aos nenos que se morden as uñas, chuchan o dedo, etc.
Este libro contén as claves para que os nenos aprendan a librarse dunha serie de hábitos desagradables e molestos. Mediante exemplos ilustrativos, debuxos moi atractivos e un conxunto de instrucións que guían ao neno paso a paso, lógrase a aprendizaxe das principais estratexias que permiten vencer teimas tales como morderse as uñas, retorcerse o pelo, chucharse o dedo, rascarse as feridas, meterse o dedo no nariz, chupar a roupa, etc. Os métodos expostos demostraron ser cientificamente válidos, pero preséntanse de forma alcanzable, interesante e divertida
FONTE: Dawn Huebner (Autor), Bonnie Matthews (Ilustrador), Sara Corral Gregorio (Adaptador)
Ningún comentario:
Publicar un comentario