Criar a un fillo no século XXI é un labor case heroico, e cando o pequeno vén ao mundo acompañado dun cromosoma de máis, a tarefa, por moitos factores, vólvese aínda máis titánica.
O autor, intelixente e acertadamente, propón unha desmitificación dos tópicos. Ante a habitual reacción da sociedade nestes casos (tenrura, empatía sincera ou simulada…), recollida no libro a través dun troquel, é necesario coñecer que todos os nenos “non son anxiños”.
A casa convértese nun “campo de batalla”, os pais sinten que o mundo se lles vén enriba, non sempre reina o bo humor…
Este libro trata de: Relación pais- fillos, Síndrome de Down, Infancia, Xogos infantís, Travesuras, Nenos, Humor, Crítica social, Relacións familiares
FONTE: Canal Lector
Ningún comentario:
Publicar un comentario