XOGUETES ADAPTADOS

Como elexir un xoguete para un neno con discapacidade?


Á hora de seleccionar xoguetes e elementos para xogar resulta útil ter en conta unha serie de aspectos e criterios que faciliten a elección. A nivel xeral cabe lembrar que se debe:
  • Comprar sempre pensando nas normas de seguridade.
  • Escoller tendo en conta os intereses do neno.
  • Pensar sempre nas capacidades que ten.
  • Ter en conta as súas necesidades.

Discapacidade motora. Criterios e consellos para a selección de xoguetes segundo as discapacidades
  • Que se manipulen mediante técnicas motrices controladas polos propios nenos e nenas.
  • Que os pulsadores ou botóns sexan moi accesibles e fáciles de accionar.
  • Que as súas pezas sexan fáciles de encaixar.
  • En estruturas grandes de tipo mobiliario (cociñas, bancos de traballo, etc.) que as súas dimensións permitan introducir as cadeiras de rodas, ou ben que posibiliten unha sinxela desagregación en módulos para utilizalos desmontados sobre unha superficie.
  • Que permitan un fácil acceso a todas as súas posibilidades ou funcións.
  • En xogos de mesa, que dispoñan de antiescorregadiza pola parte inferior.
  • Que non se deban facer movementos demasiado rápidos ou que se poidan regular os tempos de resposta.
  • Que non obriguen a efectuar movementos simultáneos (por exemplo, pulsar dúas teclas á vez).

FONTE: Sunrise medical

Ningún comentario:

Publicar un comentario